martes, 13 de enero de 2009

PRODUCIÓN ANIMAL:

A gandería intensiva: É a aplicación de múltiples tecnoloxías e formas de traballo e pensamento xurdidas do capitalismo, que nacen coa revolución industrial no s.XX; En Europa aplicanse a partir da década de 1960.
Os seus principios son obter o máximo beneficio no menor tempo posible, concentrando os medios de producción, mecanizando e racionalizando os procesos para incrementar o rendemento productivo. Falando claro; a cria concentrada e masiva de animais “de granxa”, por riba das posibilidades naturais do medio ambiente onde se atopan, representando unha seria lacra para a natureza.
Ríxese polas leis de producción industrial.
En futuros post veremos alguns casos.
¿E porque predomiña esta sistema abusivo?

Principalmente porque obten a máxima producción co diñeiro invertido,no menor tempo posible, axustase a perfección as demandas dos consumidores, que xeralmente indiferentes a toda cuestion etica ou medioambiental de todo o proceso anterior que sufriu o producto que mercan no super, preocupanse mais de que o producto sexa o mais homoxeneo posible e barato …
Pensamos que esto ocorre moitas veces por descoñecemento, pero o peor e cando ocorre por pasividade, por mirar cara outro lado e non ver es verdadeiras practicas de producción, onde os animais son hacinados en lugares inimaxinablemente inaxeitados e insalubres, restrinxindo ó maximo, por non decir anulando, o seu comportamento natural, alterando profundamente os seus ciclos bioloxicos, e dandolles morte de xeitos enormemente cruentos.
En moitos casos precisamente para esto, para ac
elerar e alterar o crecemeno do animal,para conseguir maior productividade, son alimentados con piensos atiborrados de antibioticos, hormonas…que en ocasións poden permanecer, na carne que nos mercamos.
Por non falar de que moitos animais, son alterados xeneticamente para ser mais rendables, ou que o producto final teña unhas artificiais caracteristicas.


A ganderia intensiva conleva outra serie de importantes inconvintes:
Son moi contaminantes; moito polo uso abusivo de productos quimicos, funxicidas, fertilizantes, desinfectantes antibioticos…E outro tanto,porque con tales concentración de certos animais, producense enormes cantidades de purins: que os terreos non poden asimilar e terminan contaminando con metais pesados, fármacos... as augas subterráneas,os ríos, e o solo.
Ademais da acumulación de gases dañinos coa conseguinte contaminación atmosférica.
Por outra banda, gran parte do pienso animal empregado pola industria da gandería intensiva, prodúcense en zoas de cultivo no 3º mundo, (300.000 Km² anuais de selva tropical sucumben para ser transformados en pastos), e son adquiridos por occidente a prezos irrisorios, no lugar de producir alimento para a necesitada poboación local; Este feito distorsiona a economía local e mundial...
Como calquera outra industria masiva; deixan fora do comercio ó pequeno gandeiro; Estragan a paisaxe, e ocasionan que a peste e os ruídos , fagan que sexa desagradable vivir no campo.
Por último lembrar que a gandería intensiva non se pode manter indefinidamente no tempo, pois require un gran consumo de enerxía, xeralmente fósil, que non e renovábel.
E aínda que os problemas ambientais foran solucionados, e as cuestións enerxéticas e minerais equilibradas... prevalecería o feito do trato inaceptábel o animal, o abuso.
Os animais “destinados ó sacrificio” non teñen dereitos de xeito legal, pero si son obxectos legais, podéndose comparar cun coche, que pode cambiar de dono, ser alugado...
Pero non olvidemos que non son productos, son animais, que sofren, sinten dor, que penan o noso servicio.
Certas persoas e asociacións radicalizan a posíbel solución, expoñendo que non se debe consumir productos animais... Nos ,non estamos de acordo; somos animais omnívoros, e como tales necesitamos certos nutrientes que os productos cárnicos nos aportan para unha dieta totalmente equilibrada (Se ben, e certo, que na actualidade nos países desenrolados abusase enormemente do consumo dela, ata pasar a ser o alimento base de cada comida, chegando nalgúns dos casos a niveis insalubres).
Como diciamos, posto que nos, ímonos a aproveitar enormemente destes animais, deberíamos tratalos como verdadeiros “reis”, facendo ca súa vida sexa o mais digna posíbel... Con isto demostraríamos tamén a nosa humanidade, que en moitos casos brila pola súa ausencia.
Coa domesticación das especies facilitase enormemente a consecución do “alimento”, pero certo é que se altera o comportamento natural dos animais.
Co fin de facelo o mínimo posíbel, debese empregar o sistema de gandería extensiva, tradicional ou convencional: Caracterizado esencialmente por desenrolarse nun ecosistema natural
modificado polo home, co obxectivo da utilización deses territorios para alimentar o gando, dun xeito natural... Estes animais si seguiran o seus ciclos biolóxicos, en estreita relación coa producción vexetal do agroecosistema do.que forman parte.
Dentro deste sistema de producción poderiamos incluír a gandería sost
ible, perdurable no tempo, coa que se consegue unha menor producción que na gandería intensiva, pero moita mais calidade.
Empregándose este sistema axeitadamente, require un escaso aporte de enerxía fósil; contribúe a manter os agroecosistemas tradicionais; En climas áridos, como a metade sur de España, favorece o mantemento da cuberta vexetal, evitando a erosión; Prevén os incendios forestais mediante o control arbustivo...
Si o pensamos ben, son todo vantaxes, para nos, para os animais en cuestión e para o medio ambiente. O problema e que a producción non se axusta doadamente a demanda dos esaxerados consumidores, nin o egoísmo desmesurado das multinacionais, nin pola cantidade, regularidade, homoxeneidade, nin prezo dos productos finais.
E necesario que a xente abra os ollos para que a cousa cambie “un pouquiño” ¡que boa falta fai! Compre que se valoren os productos de calidade, que se impulse dende o goberno ós pequenos gandeiros, que se aproveite o máximo cada vida que nos comemos, e sobre todo, que lles mostremos o noso agradecemento a estes animaliños e que os respectemos como seres vivos que son.

*Non olvidemos que estes sistemas pódense “aplicar”para falar, en certos asp
ectos da industria pesqueira; pois algunhas das actuais técnicas de captura de peixes e certos mamíferos mariños distan moito de ser éticas, moral e ecoloxicamente. Tales como as redes de arrastre, coas que o 70% dos peixes capturados volven a ser votados pola borda mortos, por non ser da especie requirida, polo tamaño...Ademais estas redes arruínan os fondos mariños, causando a destrucción de sistemas ecolóxicos de longa duración...
Poderiamos seguir falando interminablemente, acerca de mais problemáticas que nos, os humanos, estamos causando o mundo animal, como a comercialización de animais exóticos, maltrato e abandono de animais domésticos... Pero non e cousa de seguir escribindo liñas e liñas... O asunto e que entre na testa de quen nos lee, e de quen non, analicen a situación, e entre todos fagamos algo por cambiala.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você