lunes, 19 de enero de 2009

EARTHLINGS

Enlace: http://video.google.com/videoplay?docid=-8655541224775286050

Earthlings ou habitantes da terra é un excelente documental que nos amosa a total dependencia que o home ten dos animais e o seu egoismo sen mesura, acentuando a total falta de respeto de algúns para co que eles , chaman "recursos naturais".
O documental está narrado por
Joaquin Phoenix e a música feita por Moby. Escrito e dirixido por Shaun Monson, no ano 2005 Earthlings foi premiado como o "Mellor Documental" no Festival de Cine Artivist, "Mellor Contido" no Festival Internacional de Cine de Boston, "Mellor Documental" e "Premio Humanitario" para Joaquin Phoenix no Festival de Cine de San Diego.
A súa realización requiriu unha investigación de 5 anos, gravouse con cámaras ocultas a realidade de tendas de mascotas, criadeiros de animais, refuxios, granxas industriais, matadoiros, o comercio de peles e coiro, deportes, entretementos e investigación científica. Na hora e media que dura o documental, nos mostran o lonxe que chega o maltrato que o home da a todo tipo de animais para satisfacer as súas necesidades económicas.


Earthlings permítenos abrilos ollos á realidade
Porque TODOS SOMOS RESPONSABLES.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você