lunes, 19 de enero de 2009

ASI SE PRODUCEN OS OVOS QUE COMEMOS

Cando os pitos saen dos ovos no criadeiro, son trasladados a unha granxa de poñedoras ou de engorde, dependendo da súa raza e sexo. Os galos xoves non teñen ningún valor e matase con dióxido de carbono nunha bolsa de plástico ou son troceados. As crías destinadas a pór ovos, vivirán nun cobertizo en longas filas, con tres ou catro andares un encima de outro. Os animais viven en pequenas gaiolas, catro polos apertados xuntos; as gaiolas teñen unhas dimensións de 45x50 cm. (como un monitor de ordenador). Poñen os seus ovos na malla de arame e non poden estender as súas as. Como consecuencia destas condicións de vida angustiosas, danse picotazos uns os outros. Para evitar isto, quéimanlles os bicos sen anestesia. Os polos carecen dunha percha de galiñeiro e forzáselles a un ritmo descontinuo día/noite, para que poñan o máximo numero de ovos posíbel.
Os polos en batería viven durante un ano, nese tempo puxeron uns 300 ovos e o único propósito para o que son destinados é a sopa de polo.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você