domingo, 18 de enero de 2009

A CRIA INTENSIVA DE PORCOS

Os porcos han de ser mantidos na escuridade durante unhas 24 horas para que se calmen. A partir do 2002, os criadores de porcos estarán obrigados a mante-los en dous tercios de chan sólido,e un tercio do chan esta feito de enreixado, de forma que o esterco caia a través da reixa. Por esta razón, están a soportar o olor a amoníaco durante todo o día. O chan de enreixado prodúcelles feridas nas patas. Como viven en completa escuridade en pequenas gaiolas, non están acostumados o esterior e atérranse cando teñen que ser transportados ao matadoiro (normalmente despois de 3-6 meses). Somentes en Holanda, uns 10.000 porcos e ranchos son transportados cada día ós matadoiro ou para ser engordados en algún país lonxano. Os porcos son malos viaxeiros. Son moi sensibles ao stres e enferman durante o camiño.
Cando teñen crías, as porcas son encaixadas a forza entre dúas reixas da súa gaiola de forma que non se podan dar a volta e coidar das súas crías. Isto faise para evitar que a porca esmague e mate a algunha das súas crías debida a falta de espacio. As crías son levadas á zona de destete despois de 3-4 semanas (en vez das 14 naturais). á idade de 72 días son destinados á granxa de engorde, onde 14 deles son hacinados en 6m2, normalmente nun chan enreixado e sen palla.

Os machos son castrados sen anestesia, para satisfacer así o mercado estranxeiro, debido á suposta influencia das hormonas masculinas no arrecendo da carne. Na súa frustración, moitas veces morden as reixas da súa gaiola. No seu hábitat natural, os porcos son moi intelixentes e xoguetons.
Ao comezo do ano 2000, unha investigación de AID (Servicio Holandés de Inspección, que comproba o cumprimento das leis sobre animais nos Países Baixos) mostrou que mais dun 50% de granxeiros violaban o regulamento sobre saúde animal e facíanos sufrir deliberadamente. Demasiado a miúdo, os porcos son mantidos nun espacio moi escaso e apertado, reducidos en escuros cortellos e sen ningunha distracción material.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você