lunes, 2 de febrero de 2009

Transxénicos

Cenorias con xenes de tomate, tomates con xenes de cabaza ou cogombros con xenes de cenoria.
Produtos como estes copan os nosos supermercados e as nosas despensas, sen que apenas nos demos conta.( actualmente estase investigando con xenes de vaca en plantas de soia, con xenes de avelaiña en mazá e incluso con xenes de rata en leituga…)
Son os transxénicos: pr
odutos modificados xenéticamente.
Un transxénico é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando seus xenes. As técnicas de enxeñería xenética consisten en aislar segmentos do ADN (el material xenético) de un ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e incluso humano) para introducilos no material hereditario de outro. Por exemplo, o millo transxénico que se cultiva en España leva xenes de bacteria que lle permiten producir unha sustancia insecticida.
A diferenza fundamental coas técnicas tradicionais de
mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza. Tratase dun experimento a gran escala baseado nun modelo científico que, o noso entender, está en entredito.
Os transxénicos producen importantes efectos tanto no entorno biofísico como nas relacións socioeconómicas; e tampouco sería completo si se omitiran os xogos de interese comercial, político e económico que trae consigo esta tecnoloxía, onde a ética, as relacións comerciais entre países, a saúde da poboación, os patróns de consumo e a globalización entran en xogo para definir os modelos de agricultura. O modelo transxénico é a continuación da REVOLUCIÓN VERDE (orixinada na metade do século XX en E.U.), que foi exportado ó planeta enteiro polos seus tremendos éxitos no incremento da produción agrícola.

O comezo certos científicos decatáronse do enorme potencial futuro que ofrece a manipulación xenética, o negocio pasou a mans das compañías transnacionais que dominan os mercados mundiais de sementes e de agroquímicos; na actualidade só sete de esas compañías acaparan o mercado mundial de sementes transxénicas. Este mercado apoiase na obtención de patentes e no cobro de dereitos sobre a utilización de sementes, o que empaña o futuro do ilustre campesiño, ó permitir que as sementes que el fai xerminar teñan dono absoluto; por tanto este modelo está ó servizo das compañías transnacionais e non ó dos campesiños.
Os defensores deste modelo de modificación xenética presentan as plantas transxénicas como parte "dunha estratexia que diminuirá a fame no mundo” incluíndoa nos modelos de agricultura sostible"; Pero o certo é que entidades como Nacións Unidas sinalaron ós cultivos transxénicos como un dos factores clave na crises alimentaria mundial, a cal engadiu este año 100 millóns de persoas más ó grupo dos que pasan fame.
Como xa dixemos os transxénicos reforzan o control da alimentación mundial por parte dunhas poucas empresas multinacionais. Son unha das armas predilectas de estes ditadores da alimentación, e lonxe de constituír un medio para loitar contra a fame, aumentan os problemas alimentarios. Os países que adoptaron masivamente o uso de cultivos transxénicos son claros exemplos dunha agricultura non sostible. Nalgúns países (Arxentina por exemplo), a entrada masiva de certos
produtos transxénicos (soia) exacerbou a crises da agricultura cun alarmante incremento da destrución dos seus bosques primarios, o desprazamento de campesiños e traballadores rurais, un aumento do uso de herbicidas e unha grave substitución da produción de alimentos para consumo local.
Se ben e certo que nunca antes na historia da humanidade habíanse producido máis alimentos per-cápita que na actualidade, tamén e certo,que nunca antes habíanse elevado os índices de mortes por obesidade nos países desenrolados, e de mortes por inanición en los países pobres.
O problema da fame non se resolve a punta de tecnoloxía senón de xustiza social e equidade, requírese o desenrolo de tecnoloxías, pero sostibles e xustas, o acceso a os alimentos e o emprego de técnicas como a agricultura e a gandería sostible.
Por outra banda os riscos sanitarios a longo prazo dos transxénicos pres
entes na nosa alimentación o na dos animais cuios produtos consumimos non se están evaluando correctamente e o seu alcance segue sendo descoñecido. Incluso a UE é incapaz de predicir os efectos a longo prazo de estes perigosos cultivos.”. De momento, o que si se sabe, é que poden provocar perigosas alerxias. A inmunidade a certos antibióticos, a aparición de novos tóxicos e efectos inesperados son algúns dos riscos.
Máis alá das consecuencias sobre as persoas, os cultivos transxénicos non poden coexistir cos cultivos tradicionais xa que é imposible controlar a polinización, e ó final incluso, os cultivos chamados “biolóxicos”, vense contaminados. (Según un estudio da Confederación de Cooperativas Agrarias de España, CCAE en 2004 o 50% dos cultivos de Aragón estaban contaminados).
E non so por iso senón que estupendos cultivos tradicionais, froitos de séculos de seleccións dos labregos , para consumo local , agora están quedando desprazados por enormes extensión de monocultivos(con todo o que estes implican) tranxénicos, (nos que se empregan moitos produtos tóxicos, ó contrario do que din as empresas que os promoven, co conseguinte dano para o medio ambiente e a saúde.) xeralmente para exportar e producir biocombustibles…
Somos o único país da Unión Europea que cultiva transxénicos a gran escala, en 2006 cultiváronse unhas 53.000 hectáreas de millo modificado con xenes de bacterias. Galicia ten un gran potencial na produción de millo, sendo un dos maiores produtores de España. Estas características climáticas tan bondadosas para a produción de millo tamén as aproveitan as grandes multinacionais da produción de millo transxénico; así dende febreiro do ano pasado somos o campo de ensaios dunha empresa Norteamericana que sementou a variedade transxénica Bt-MON 810, as cales foron sementadas en concellos eminentemente agrícolas como; Lalín, Castro de Rei, Val do Dubra e Touro, todo isto co consentimento de quen nos goberna.
Pero non so se produce, senón que a España chegan uns 6 millóns de toneladas de soia, das cales aproximadamente o 66% é transxénico, e un millón e medio de toneladas de millo, que foron cultivados en países que optaron polo uso masivo de transxénicos (e non esta de mais saber que dous terceiras partes dos alimentos que inxerimos conteñen derivados de soia y de millo.)
Dende o 18 de abril de 2004 tódolos alimentos (agás os produtos derivados de animais como a carne, leite e ovos) procedentes de colleitas transxénicas teñen que ter na etiqueta a mención "modificado xenéticamente"; cousa que moitas e
mpresas ignoran.

Queremos nas estanterías do súper de todo, en calqueira época do año, e debemos ser conscientes de que loxicamente, isto debese a que veñen de moi lonxe e/ou están producidos creando ambientes ou seres totalmente artificiais.
Gústanos ver alimentos homoxéneos, como si a natureza os produxése nun laboratorio aséptico, sen ter en conta que naturalmente estes alimentos deberán estar á intemperie, con sol, vento, insectos, poo,… que os farían menos atractivos pero sen lugar a dubidas, máis sans.
Debemos autoeducarnos , aprender a ser críticos , averiguar como, quen e onde produxeron os produtos que consumimos e que efectos trae esta produción consigo; e logo sopesar.
Esperemos que algún dia as cousas volten ao seu lugar, deixemos de xogar a ser deuses e por riba de todo aprendámola importancia que ten preservar a natureza e os dereitos de todo ser a vivir dignamente en este planeta, ó que pertencemos.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você