Posto que xa vos contamos anteriormente a enorme problemática que trae con sigo a agricultura actual, para a saúde das persoas e sobre todo para o medio ambiente, queremos propoñer o que nos parece a alternativa ou solución… A agricultura ecolóxica:
Trátase dunha forma diferente de enfocar a produción agraria, baseada no respecto ó entorno e en producir alimentos sans da máxima calidade e en cantidades suficiente. Iste sistema agrícola evita ou exclúe o uso de produtos químicos así como de material xenético modificado. O seu eixe principal é unha planificación a longo prazo do manexo do chan, o que inclúe un plan de rotación de cultivos, incorporación de M.O. (maleza e estercos ), uso de cultivos de cobertura e abonos verdes, axeitadas prácticas de labranza e conservacións de chans e auga, control biolóxico de pragas, utilización de fertilizantes ecolóxicos, reciclaxe de nutrientes, diversificación da produción, e conservación do medio ambiente...
Utiliza como modelo á mesma natureza, extraendo dela toda a información posible, isto unido ós actuais coñecementos técnicos e científicos, pode dar uns excelentes resultados.Obxectivos básicos da agricultura ecolóxica:
Segundo a Federación Internacional de Movimientos de Agricultura Orgánica (“IFOAM”) http://www.ifoam.org/ resúmense en:
- Producir alimentos de alta calidade nutritiva en suficientes cantidades.
- Traballar cos ecosistemas en lugar de querer dominalos (de xeito que non produzan impactos ambientais negativos).
- Fomentar os ciclos bióticos dentro do sistema agrícola, que abrangue microorganismos, fauna e flora do chan, as plantas e os animais.
- Manter e aumentar a longo prazo a fertilidade dos chans.
- Emprego dos recursos renovables locais nos sistemas agrícolas.
- Reciclaxe de nutrientes minerais e materia orgánica.
- Manter a diversidade xenética do sistema agrícola e do seu entorno, incluíndo protección de hábitats de plantas e animais silvestres.
- Lograr coas prácticas desenroladas no proceso produtivo, un ingreso económico familiar e comunal satisfactorio.
- Non incorporar ós alimentos sustancias ou residuos que resulten prexudiciais para a saúde ou termen a súa capacidade alimenticia.
O certo é que é difícil expoñer de xeito breve a cantidade de beneficios que nos reportaría este sistema:
E máis; nesta época que a xente chama crise... A produción ecolóxica require moita man de obra, co que se xeraría moitísimo emprego, principalmente no rural. Isto implica un dobre beneficio, pois tamén se recuperaría a cultura agrícola tradicional co seu profundo coñecemento dos procesos naturais, das variedades e razas apropiadas ás condicións de cada zoa e o aproveitamento íntegro e sostible dos recursos naturais. Non estamos a dicir que o bo fose voltar ó pasado, senón saber mesturar os coñecementos tradicionais cos modernos na súa xusta medida.
Beneficios á saúde:
Numerosos estudios amosan que os produtos producidos mediante agricultura ecolóxica teñen un valor nutritivo ata 6 veces maior, que os enchidos de química (para aumentar o tamaño, e aditivos para que teñan “mellor” aspecto), que podemos atopar no super, e son todo auga. Certo que os froitos de cultivo ecolóxico poden ser mais irregulares en forma , tamaño e cor; pero tamén, que son indudablemente mais sanos, saborosos e cun mellor aroma. Ademais consumindo este tipo de alimentos asegurámonos non inxerir ningún tipo de residuo tóxico.
Beneficios ecolóxicos:
Substituíndo o uso de produtos químicos (que terminan sempre nos chans, augas ou estómagos e pel de calquera ser vivo) por medios como a asociación de cultivos e outros insecticidas naturais. Labrando só o necesario para evitar erosións; empregando só cultivos autóctonos e variados e non monocultivos; reducindo a esaxerada mecanización das explotacións co conseguinte aforro de enerxía…………
Deste modo é indudable que os danos ó medio ambiente reduciríanse considerablemente, ata chegar a ser mínimos, podéndolle legar ás seguintes xeracións os recursos e terras, polo menos, en proceso de recuperación.
A longo prazo reflectiríase un notable aforro enerxético, ademais os chans, ó non ser esquilmados poderían seguir producindo indefinidamente. As zoas rurais enriqueceríanse e revaloraríanse grazas ós produtos locais sen necesidade da grandísima importación actual.
Démonos conta de que co actual sistema agrícola non chega para alimentar a tódalas persoas do mundo senon que somos uns poucos os que malgastamos os alimentos grazas o suor e o traballo dos que os producen, e ademais ten unha brutal dependencia no terreo enerxético das grandes empresas multinacionais, que xa se teñen repartido o pastel dos recursos
naturais, así explotan libremente os agricultures pagandolle cantidades ridiculas por producir os alimentos. A liberdade e autonomía tan proclamados polos nosos partidos políticos, tanto do individuo como da comarca, ou do país enteiro quédanse en pouco máis que papel mollado.
naturais, así explotan libremente os agricultures pagandolle cantidades ridiculas por producir os alimentos. A liberdade e autonomía tan proclamados polos nosos partidos políticos, tanto do individuo como da comarca, ou do país enteiro quédanse en pouco máis que papel mollado.Problemas importantes á hora de que a agricultura ecolóxica saia adiante son a desidia xeral da poboación, ademais das “brillantes solucións” que ofertan os gobernos nos seus programas políticos, que non soen durar máis de catro ou cinco anos, xa que a súa preocupación é máis a incidencia electoral ca ningunha outra cousa.
Outro importante problema é a dificultade de conseguir sementes biolóxicas. Poucos agricultores ecolóxicos consideran hoxe en día que empregar sementes biolóxicas sexa unha cuestión primordial. Que importancia ten a orixe das sementes se o cultivo se realiza sen ningún tipo de tratamento? A planta que obteñamos será igualmente sans e equilibrada. É certo, pero ¿Podemos apoiar á vez á agricultura biolóxica e ás grandes multinacionais produtoras de semente que producen sen ningún tipo de respeto polo medio ambiente? A produción de sementes é unha das actividades agrícolas máis contaminantes que existen, pois coa escusa de que as plantas non son para o consumo humano úsanse grandes cantidades de abonos, pesticidas, defoliantes e hormonas.
Parécenos incrible que o regulamento europeo permita a utilización deste tipo de sementes. Ademais non recolle a obriga de utilizar variedades autóctonas, e aínda que prohibe o uso de transxénicos, non ocorre o mesmo coas variedades híbridas.

O catálogo nacional de sementes é unha arma de dobre fío, pois todo o que non aparece nel non pode ser comercializado na unión europea, e por tanto “non existe”. Este sistema non permite que moitas variedades locais poidan ser comercializadas de xeito legal, así os agricultores vense obrigados a mercar esas sementes producidas polas multinacionais cando nin sequera se axustan ás condicións do lugar onde serán implantadas, ou senón producir as súas propias sementes, o que non sempre é doado.Deste xeito, unha agricultura que ,en orixe, procura unha total independencia acabase vendo obrigada a depender dos “monstros” da agroquímica.
Actualmente, en España dispoñen de semente biolóxica tres empresas:
ECOVIAND: ecoviand@ecoviand.com
Central de produtos biolóxicos: comercial@cpbio.com
Debido ó rápido e enorme crecemento tecnolóxico acadado nas ultimas décadas, o home moderno foi alimentando a ilusión de deixar de depender do medio natural… Nada mais lonxe da realidade. De feito ou nos decatamos xa de que a cousa non vai ben, ou estes problemas non terán solución.


0 comentarios:
Publicar un comentario