O sistema económico baseado na máxima produción, o consumo, a explotación ilimitada de recursos e o beneficio como único criterio da boa marcha económica é insostible.
Un planeta limitado non pode subministrar indefinidamente os recursos que esta explotación esixe. Por isto é necesario que o seguinte paso da evolución do ser humano sexa ir cara un desenvolvemento real, que permita unha vida que realmente nos satisfaga, pero compatíbel cunha explotación racional do planeta que coide o ambiente. É o chamado desenvolvemento sostible.
A mais coñecida definición de Desenvolvemento sostible é a da Comisión Mundial sobre Ambiente e Desenrolo (Comisión Brundtland) que en 1987 definiu como:
"o desenrolo que asegure as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para enfrontarse ás súas propias necesidades".
Estas palabras tan acertadas e correctas, deberían ser o eixo principal polo que se rixan tódalas filosofías de vida en este planeta, tanto a nivel dos cidadáns como dende os estamentos públicos. A ninguén lle debería estrañar de que fose así. Pero cando afrontamos a realidade ou saímos a rúa é ben distinto.
O desenrolo sostible fundamentase en tres vertentes: a ambiental, a económica e a social, que deben abordarse politicamente de forma equilibrada e conxunta.
A incapacidade da especie humana para vivir en harmonía co planeta, a grande interacción entre o home e o sistema natural, son os grandes problemas mediambientais de hoxe. Até os nosos días, ninguna especie, excepto o home, conseguiu modificar tan substancialmente, en tan pouco tempo, as características propias do planeta.
A maioría dos problemas que tódolos expertos ven para que o desenrolo sostible sexa unha realidade, parten do funcionamento do actual sistema económico. O modelo hoxe dominante é aquel que di; que a economía vai ben cando medra o produto interior bruto (PIB). Este modelo non ten en conta canto custa á colectividade en termos ecolóxicos e sociais a medra dun punto do PIB. Non ten en conta que a capacidade de medra económica é finita, nin tampouco ten en conta as limitacións do sistema natural que están a levar ó planeta ao infarto ecolóxico.
O PIB é a vaca mais sagrada de todas as vacas sagradas da economía. O PIB mide o valor das mercancías producidas. “Canta mais produción, mais medrará o PIB; canto mais medre o PIB, mellor viviremos e mais riqueza haberá” ou isto é o que nos fan crer. A perversión do sistema vixente de contabilidade pode chegar a extremos insólitos. É o caso do gravísimo terremoto de 1994 en Kobe (Xapón). Alguén con autoridade pronosticou un impacto positivo coa reconstrución da zona de Kobe no produto interior bruto xaponés. O cabo de poucos días comezou a subir a bolsa de Tokío. Temos un sistema de medida que permite afirmar que é bo para a economía que haxa traxedias. Sen ir tan lonxe, aquí na casa, o "sistema" establece que os accidentes de tráfico teñen globalmente un impacto positivo na economía do país, posto que dan traballo a aseguradoras, a mecánicos, a médicos, a funerarias, etc.
A sociedade que somos todos os que habitamos este planeta, é o terceiro vértice para facer factible un desenrolo sostible, e tal vez o mais importante pero tamén o mais manexable. Vivimos nunha sociedade onde se valora as persoas pola riqueza e a posición social que teñen. Onde se premia os que acumulan riqueza en detrimento dos que a perden. Onde se nos di; que para ser feliz temos que ter gran cantidade de posesións e enseres, inda que despois non teñamos tempo a disfrutar deles. Onde todos podemos vivir sen ningunha carga de conciencia vendo morrer de fame os nosos semellantes. Onde se nos fai ver que o home civilizado esta fora da natureza e polo tanto non nos afectan as súas leis. Onde o éxito da humanidade pasa polo control da natureza... Todo isto inculcásenos dende pequenos nas escolas, nas casas, nos traballos ...polo tanto é difícil, en especial para o home de occidente, civilizado e rico; ver que poida haber outra maneira de vida, a cal nos faga ser mais persoas e polo tanto mais felices.
Unha vez analizadas as causas, é necesario dar un xiro radical a toda esta sociedade de consumo, industrias e gobernos, para poder dar outro paso adiante na evolución e asegurar o futuro das xeracións vindeiras.
Organismos internacionais como a ONU xa están advertindo da urxente necesidade de frear este proceso suicida no que estamos embarcados, propoñendo estratexias para camiñar na dirección do desenrolo sostible. O problema é que a súa capacidade de acción é moi limitada, estando suxeitas tódalas súas decisións os intereses particulares dos países mais ricos que vetan calquera iniciativa que poida
frear a o seu desenrolo económico. Así iniciativas como as enerxías renovables ( enerxía do vento, enerxía solar,...) están sendo manipuladas e sobreexplotadas, vendéndonos unha preocupación e interese por facer un mundo mais limpo, cando o único fin que ansian e enriquecer as súas empresas.
As estratexias que nos permitan acadar un desenrolo sostible deben servir de catalizador ante a opinión pública e os responsables políticos.
Os principios básicos desta estratexia poderían ser os seguintes:
- Promoción e protección dos dereitos fundamentais das persoas.
- Soliradidade internacional.
- Garantir unha sociedade aberta e democrática.
- Garantir a igualdade entre homes e mulleres e entre as distintas razas.
- Participación dos cidadáns a nivel político.
- Coherencia e integración das políticas.
- Aproveitar a evolución científica para frear a explotación de recursos.
Para levar a practica estas ideas seria necesario que tódolos países camiñaran cara a autosuficiencia enerxética e alimentaria deixando de lado a importación e exportación con fins económicos. Promover a creación de comunidades autosuficientes e limpas que non teñan como fin o crecemento económico, senón o cultural e social co único interese de vivir dignamente e en harmonia ca natureza. Limitar a contaminación dos transportes polo cal é necesario reducir tódalas exportacións e importacións innecesarias.. Frear os desequilibrios entre as distintas nacións, onde as mais ricas axuden as mais pobres. Frear a perdida de biodiversidade mundial. Reciclado e reutilización de tódolos materiais utilizados, deixando progresivamente de usar produtos que xeren
residuos contaminates. Educar a sociedade, fomentando así un cambio de ideoloxía mundial na que sexamos moito menos consumistas. En definitiva non explotar mais rápido do que a natureza poda restituír o explotado. E para controlar que isto se cumpra; crear organismos mundiais que velen polo cumprimento de tódalas normas impostas. Todos estes obxectivos serian a conseguir a longo prazo pero habería que comezar xa.
Outras alternativas mais radicais propoñen un desenrolo económico cero, paralizando toda explotación de recursos non renovables voltando así o momento en que rompemos o equilibrio ca natureza, postura que podería ser bastante correcta pero tería unha complexa instauración nunha sociedade tan capitalista como a nosa, polo cal a súa viabilidade seria bastante dudosa sen un proceso de cambio a longo prazo.
En definitiva, sexa de unha ou de outra forma, é necesario frear esta loucura na que estamos inmersos se non queremos levar a nosa especie a extición.

A mais coñecida definición de Desenvolvemento sostible é a da Comisión Mundial sobre Ambiente e Desenrolo (Comisión Brundtland) que en 1987 definiu como:
"o desenrolo que asegure as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para enfrontarse ás súas propias necesidades".
Estas palabras tan acertadas e correctas, deberían ser o eixo principal polo que se rixan tódalas filosofías de vida en este planeta, tanto a nivel dos cidadáns como dende os estamentos públicos. A ninguén lle debería estrañar de que fose así. Pero cando afrontamos a realidade ou saímos a rúa é ben distinto.

A incapacidade da especie humana para vivir en harmonía co planeta, a grande interacción entre o home e o sistema natural, son os grandes problemas mediambientais de hoxe. Até os nosos días, ninguna especie, excepto o home, conseguiu modificar tan substancialmente, en tan pouco tempo, as características propias do planeta.
A maioría dos problemas que tódolos expertos ven para que o desenrolo sostible sexa unha realidade, parten do funcionamento do actual sistema económico. O modelo hoxe dominante é aquel que di; que a economía vai ben cando medra o produto interior bruto (PIB). Este modelo non ten en conta canto custa á colectividade en termos ecolóxicos e sociais a medra dun punto do PIB. Non ten en conta que a capacidade de medra económica é finita, nin tampouco ten en conta as limitacións do sistema natural que están a levar ó planeta ao infarto ecolóxico.

O PIB é a vaca mais sagrada de todas as vacas sagradas da economía. O PIB mide o valor das mercancías producidas. “Canta mais produción, mais medrará o PIB; canto mais medre o PIB, mellor viviremos e mais riqueza haberá” ou isto é o que nos fan crer. A perversión do sistema vixente de contabilidade pode chegar a extremos insólitos. É o caso do gravísimo terremoto de 1994 en Kobe (Xapón). Alguén con autoridade pronosticou un impacto positivo coa reconstrución da zona de Kobe no produto interior bruto xaponés. O cabo de poucos días comezou a subir a bolsa de Tokío. Temos un sistema de medida que permite afirmar que é bo para a economía que haxa traxedias. Sen ir tan lonxe, aquí na casa, o "sistema" establece que os accidentes de tráfico teñen globalmente un impacto positivo na economía do país, posto que dan traballo a aseguradoras, a mecánicos, a médicos, a funerarias, etc.

Unha vez analizadas as causas, é necesario dar un xiro radical a toda esta sociedade de consumo, industrias e gobernos, para poder dar outro paso adiante na evolución e asegurar o futuro das xeracións vindeiras.
Organismos internacionais como a ONU xa están advertindo da urxente necesidade de frear este proceso suicida no que estamos embarcados, propoñendo estratexias para camiñar na dirección do desenrolo sostible. O problema é que a súa capacidade de acción é moi limitada, estando suxeitas tódalas súas decisións os intereses particulares dos países mais ricos que vetan calquera iniciativa que poida

As estratexias que nos permitan acadar un desenrolo sostible deben servir de catalizador ante a opinión pública e os responsables políticos.
Os principios básicos desta estratexia poderían ser os seguintes:
- Promoción e protección dos dereitos fundamentais das persoas.
- Soliradidade internacional.
- Garantir unha sociedade aberta e democrática.
- Garantir a igualdade entre homes e mulleres e entre as distintas razas.
- Participación dos cidadáns a nivel político.
- Coherencia e integración das políticas.
- Aproveitar a evolución científica para frear a explotación de recursos.
Para levar a practica estas ideas seria necesario que tódolos países camiñaran cara a autosuficiencia enerxética e alimentaria deixando de lado a importación e exportación con fins económicos. Promover a creación de comunidades autosuficientes e limpas que non teñan como fin o crecemento económico, senón o cultural e social co único interese de vivir dignamente e en harmonia ca natureza. Limitar a contaminación dos transportes polo cal é necesario reducir tódalas exportacións e importacións innecesarias.. Frear os desequilibrios entre as distintas nacións, onde as mais ricas axuden as mais pobres. Frear a perdida de biodiversidade mundial. Reciclado e reutilización de tódolos materiais utilizados, deixando progresivamente de usar produtos que xeren

Outras alternativas mais radicais propoñen un desenrolo económico cero, paralizando toda explotación de recursos non renovables voltando así o momento en que rompemos o equilibrio ca natureza, postura que podería ser bastante correcta pero tería unha complexa instauración nunha sociedade tan capitalista como a nosa, polo cal a súa viabilidade seria bastante dudosa sen un proceso de cambio a longo prazo.
En definitiva, sexa de unha ou de outra forma, é necesario frear esta loucura na que estamos inmersos se non queremos levar a nosa especie a extición.
0 comentarios:
Publicar un comentario