lunes, 2 de febrero de 2009

Transxénicos

Cenorias con xenes de tomate, tomates con xenes de cabaza ou cogombros con xenes de cenoria.
Produtos como estes copan os nosos supermercados e as nosas despensas, sen que apenas nos demos conta.( actualmente estase investigando con xenes de vaca en plantas de soia, con xenes de avelaiña en mazá e incluso con xenes de rata en leituga…)
Son os transxénicos: pr
odutos modificados xenéticamente.
Un transxénico é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando seus xenes. As técnicas de enxeñería xenética consisten en aislar segmentos do ADN (el material xenético) de un ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e incluso humano) para introducilos no material hereditario de outro. Por exemplo, o millo transxénico que se cultiva en España leva xenes de bacteria que lle permiten producir unha sustancia insecticida.
A diferenza fundamental coas técnicas tradicionais de
mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza. Tratase dun experimento a gran escala baseado nun modelo científico que, o noso entender, está en entredito.
Os transxénicos producen importantes efectos tanto no entorno biofísico como nas relacións socioeconómicas; e tampouco sería completo si se omitiran os xogos de interese comercial, político e económico que trae consigo esta tecnoloxía, onde a ética, as relacións comerciais entre países, a saúde da poboación, os patróns de consumo e a globalización entran en xogo para definir os modelos de agricultura. O modelo transxénico é a continuación da REVOLUCIÓN VERDE (orixinada na metade do século XX en E.U.), que foi exportado ó planeta enteiro polos seus tremendos éxitos no incremento da produción agrícola.

O comezo certos científicos decatáronse do enorme potencial futuro que ofrece a manipulación xenética, o negocio pasou a mans das compañías transnacionais que dominan os mercados mundiais de sementes e de agroquímicos; na actualidade só sete de esas compañías acaparan o mercado mundial de sementes transxénicas. Este mercado apoiase na obtención de patentes e no cobro de dereitos sobre a utilización de sementes, o que empaña o futuro do ilustre campesiño, ó permitir que as sementes que el fai xerminar teñan dono absoluto; por tanto este modelo está ó servizo das compañías transnacionais e non ó dos campesiños.
Os defensores deste modelo de modificación xenética presentan as plantas transxénicas como parte "dunha estratexia que diminuirá a fame no mundo” incluíndoa nos modelos de agricultura sostible"; Pero o certo é que entidades como Nacións Unidas sinalaron ós cultivos transxénicos como un dos factores clave na crises alimentaria mundial, a cal engadiu este año 100 millóns de persoas más ó grupo dos que pasan fame.
Como xa dixemos os transxénicos reforzan o control da alimentación mundial por parte dunhas poucas empresas multinacionais. Son unha das armas predilectas de estes ditadores da alimentación, e lonxe de constituír un medio para loitar contra a fame, aumentan os problemas alimentarios. Os países que adoptaron masivamente o uso de cultivos transxénicos son claros exemplos dunha agricultura non sostible. Nalgúns países (Arxentina por exemplo), a entrada masiva de certos
produtos transxénicos (soia) exacerbou a crises da agricultura cun alarmante incremento da destrución dos seus bosques primarios, o desprazamento de campesiños e traballadores rurais, un aumento do uso de herbicidas e unha grave substitución da produción de alimentos para consumo local.
Se ben e certo que nunca antes na historia da humanidade habíanse producido máis alimentos per-cápita que na actualidade, tamén e certo,que nunca antes habíanse elevado os índices de mortes por obesidade nos países desenrolados, e de mortes por inanición en los países pobres.
O problema da fame non se resolve a punta de tecnoloxía senón de xustiza social e equidade, requírese o desenrolo de tecnoloxías, pero sostibles e xustas, o acceso a os alimentos e o emprego de técnicas como a agricultura e a gandería sostible.
Por outra banda os riscos sanitarios a longo prazo dos transxénicos pres
entes na nosa alimentación o na dos animais cuios produtos consumimos non se están evaluando correctamente e o seu alcance segue sendo descoñecido. Incluso a UE é incapaz de predicir os efectos a longo prazo de estes perigosos cultivos.”. De momento, o que si se sabe, é que poden provocar perigosas alerxias. A inmunidade a certos antibióticos, a aparición de novos tóxicos e efectos inesperados son algúns dos riscos.
Máis alá das consecuencias sobre as persoas, os cultivos transxénicos non poden coexistir cos cultivos tradicionais xa que é imposible controlar a polinización, e ó final incluso, os cultivos chamados “biolóxicos”, vense contaminados. (Según un estudio da Confederación de Cooperativas Agrarias de España, CCAE en 2004 o 50% dos cultivos de Aragón estaban contaminados).
E non so por iso senón que estupendos cultivos tradicionais, froitos de séculos de seleccións dos labregos , para consumo local , agora están quedando desprazados por enormes extensión de monocultivos(con todo o que estes implican) tranxénicos, (nos que se empregan moitos produtos tóxicos, ó contrario do que din as empresas que os promoven, co conseguinte dano para o medio ambiente e a saúde.) xeralmente para exportar e producir biocombustibles…
Somos o único país da Unión Europea que cultiva transxénicos a gran escala, en 2006 cultiváronse unhas 53.000 hectáreas de millo modificado con xenes de bacterias. Galicia ten un gran potencial na produción de millo, sendo un dos maiores produtores de España. Estas características climáticas tan bondadosas para a produción de millo tamén as aproveitan as grandes multinacionais da produción de millo transxénico; así dende febreiro do ano pasado somos o campo de ensaios dunha empresa Norteamericana que sementou a variedade transxénica Bt-MON 810, as cales foron sementadas en concellos eminentemente agrícolas como; Lalín, Castro de Rei, Val do Dubra e Touro, todo isto co consentimento de quen nos goberna.
Pero non so se produce, senón que a España chegan uns 6 millóns de toneladas de soia, das cales aproximadamente o 66% é transxénico, e un millón e medio de toneladas de millo, que foron cultivados en países que optaron polo uso masivo de transxénicos (e non esta de mais saber que dous terceiras partes dos alimentos que inxerimos conteñen derivados de soia y de millo.)
Dende o 18 de abril de 2004 tódolos alimentos (agás os produtos derivados de animais como a carne, leite e ovos) procedentes de colleitas transxénicas teñen que ter na etiqueta a mención "modificado xenéticamente"; cousa que moitas e
mpresas ignoran.

Queremos nas estanterías do súper de todo, en calqueira época do año, e debemos ser conscientes de que loxicamente, isto debese a que veñen de moi lonxe e/ou están producidos creando ambientes ou seres totalmente artificiais.
Gústanos ver alimentos homoxéneos, como si a natureza os produxése nun laboratorio aséptico, sen ter en conta que naturalmente estes alimentos deberán estar á intemperie, con sol, vento, insectos, poo,… que os farían menos atractivos pero sen lugar a dubidas, máis sans.
Debemos autoeducarnos , aprender a ser críticos , averiguar como, quen e onde produxeron os produtos que consumimos e que efectos trae esta produción consigo; e logo sopesar.
Esperemos que algún dia as cousas volten ao seu lugar, deixemos de xogar a ser deuses e por riba de todo aprendámola importancia que ten preservar a natureza e os dereitos de todo ser a vivir dignamente en este planeta, ó que pertencemos.

miércoles, 21 de enero de 2009

OS PRODUTOS QUÍMICOS QUE NOS ALIMENTAN.

A química, definida como “ciencia que estudia as transformacións conxuntas da materia e a enerxía”, tamén se introduxo no campo da agricultura e gandería principalmente, ca intención de facer os nosos campos e animais mais rendibles economicamente.
Así, o empleo de abonos químicos solubles comezou sobre o 1840 cando o químico alemán Justus Von Liebig afirmou que para conservar a fecundidade do solo bastaba con restituír tres elementos esenciais (N, P e K) sen preocuparse do demais, como o humus e demais elementos; recoñecendo o seu erro o final da súa vida. Pero o camiño que abriu foi seguido lentamente ata a primeira guerra mundial, apartires da cal se masificou o seu uso ata hoxe. Este auxe dos abonos químicos debeuse a maquinaria publicitaria, perfectamente preparada polos gobernos da época para dar saída a gran cantidade de fabricas de armas que quedaban cerradas o final da 2º Guerra Mundial,
así as fabricas foron adaptadas a fabricación de abonos, os cales eran mercados polos labregos ca intención de que foran a solución a tódolos seus males, e así foi; nos primeiros anos de uso dos abonos químicos, estes deron uns resultados espectaculares e enriqueceu a gran numero de agricultores. Pouco a pouco houbo que aumentar as doses, para conservar os mesmos rendementos. Deste xeito manifestáronse os primeiros incovintes do abuso destes abonos; na saúde da terra, das plantas e dos seres vivos que as comían, a composición do solo desequilibrase, as terras acidifícanse e deixan de ser útiles para a agricultura.
As pragas marcaron a historia do mundo agrícola na antiguedade, adoptando un caracter divino, tal como se recolle na Biblia e outros libros sagrados. Na memoria colectiva moderna, a imaxe da choiva de langostas sobre os campos é aínda apocalíptica.
Fai apenas medio século, comezáronse a desenrolar por medio da química alternativas para o control de pragas. Os primeiros
insecticidas
foron creados a partir de armas biolóxicas usadas na 1º e 2º Guerra Mundial, coa finalidade de eliminar os seres humanos.
Os humanos desenrolamos unha serie de practicas agrícolas co fin de aumentar a produtividade dos cultivos e así satisfacer as nosas necesidades alimenticias. Pero moitas destas practicas, (entre elas o uso de plaguicidas) teñen un efecto boomerang, impulsando a aparición de novas pragas e aumentando a resistencia das xa existentes, facéndoas mais destrutivas.
Os produtos químicos destrúen insectos, fungos, ratos, maleza,...Sábese que existen mais de un millón de especies de insectos, dos cales apenas uns centos son considerados nocivos para as plantas. Os outros son polinizadores, parasitos e predadores de outros insectos, os cales manteñen a cadea animal en equilibrio. O uso masificado de plaguicidas rompe este equilibrio creado pola natureza, ademais de contaminar plantas, acuíferos, ríos,...
Os efectos negativos dos plagicidas son mais notorios nos países en desenrolo; estimase que hoxe en día nas nacións en desenrolo prodúcense o 99% das mortes ocasionadas polo manexo destas sustancias.

Dentro destes plaguicidas o
DDT
merece unha mención especial. É un organoclorado salubre en graxas e insoluble en auga. Sintetizouse por primeira vez en 1874, usándose como plagicida dende 1939, usándose indiscriminadamente na loita contra pragas agrícolas e contra os insectos causantes da transmisión da malaria, rociando grandes extensións de superficie dende avionetas. Nos anos 60 comezase a notar os seus efectos, diecmando de forma considerable a poboación de aves, xa que os animais contaminados poñían ovos defectuosos dos cales non saia mingua cría; esto é devido a que o ser soluble en graxas os animais que inxerían plantas ou insectos con DDT tiñan unha concentración 10 veces maior no seu corpo, un predador que cazara estes animais tiña concentracións 100 veces maior e así íase acumulando nas graxas animais sen desaparecer.
Estudios mais recentes constatan a presenza de DDT en tódalas partes do mundo, incluso nos polos, dado que da aplicación de 1Kg de DDT nun parcela, 40 anos despois sege habendo 250 gr.; imaxinádevos entón a cantidade total de DDT residual que pode haber hoxe en día no planeta, xa que comezouse a prohibir o seu uso en 1970 pero seguiuse usando ata a década dos 80.
¿Os produtos químicos tamén se comen? Pois así é, senón mirade a composición dos alimentos que non sean frescos que teñades mais a man. No ano 1856 iniciouse a era dos colorantes sintéticos, a partir do descubrimento de William Henry Perkin (1838 - 1907), quen logrou obter a colorante púrpura por oxidazón da anilina con acedo crómico. Actualmente hai mais de 2500 colorantes e conservantes distintos usados para que os alimentos se conserven mais tempo co cal son mais rendibles economicamente pero menos saborosos.
Outro alimento que tamén ten produtos químicos e a carne. Desde fai anos fóronse empregando diferentes substancias para o engorde dos animais en produción. O obxectivo é que os animais podan aumentar o seu peso por encima normal. Estas sustancias son
hormonas como o clembuterol, testoterona, benzoato,.. e antibióticos, os primeiros foron prohibidos en 1988 pero séguense usando por moitos gandeiros, os segundos seguen a estar permitidos e úsanse 8 tipos diferentes de antibióticos que fan que os animais cheguen aparentemente sans os matadoiros.

Todos estes produtos directa ou indirectamente van a parar o noso organismo, sen nos sabelo na maioría dos casos. A maioría deles producirannos danos e enfermidades a longo prazo, e nos primeiros anos de uso produciron gran cantidade de mortes polos experimentos feitos para evolucionar e mellorar estes produtos químicos. Na actualidade inda que o seu uso esta regulamentado, fixándose prazos de seguridade e limites máximos de residuos permitidos, moitos agricultores incumpren a normativa e os produtos poden ser postos a venda antes de tempo. Con todo aínda que se cumpra a normativa hai serias dubidas de que os prazos sexan o suficientemente amplos para a seguridade das persoas que os consumen. Os seus valores varían moito duns países a outros ¿é quizás por que uns cidadáns toleramos mellor as sustancias tóxicas que outros?. Estes valores calcúlanse en condicións normais para persoas adultas e sans, ¿ que pasa cos nenos, enfermos ou persoas debilitadas? O certo é que en estudios realizados encontrase que entre o 50% e o 80% dos alimentos teñen residuos e entre o 2 e o 15% superan os limites legais. Se de todo isto podemos sacar algunha conclusión é que os alimentos, que son o sustento da nosa vida e en realidade o único que se necesita para vivir, non son tan sans como deberían, ben é certo que nos fan a vida moito mais sinxela, e quizais esta forma de produción sexa a que mellor se adapta o ritmo de vida que levamos; vivindo en inmensas cidades, sempre axetreados dun sitio para outro, sen tempo nin para comer. Polo cal a solución a estes malos hábitos pasen primeiro por cambiar a nosa forma de vida.
Paralelo a expansión do uso de todos estes velenos tamén naceu unha corrente minoritaria de persoas que defenden os usos tradicionais do solo e da produción de alimentos, renacendo así a produción con practicas e alimentos ecolóxicos, ademais de preocuparse polo benestar das persoas que os consumen, dos cales falaremos en próximos post.

lunes, 19 de enero de 2009

EARTHLINGS

Enlace: http://video.google.com/videoplay?docid=-8655541224775286050

Earthlings ou habitantes da terra é un excelente documental que nos amosa a total dependencia que o home ten dos animais e o seu egoismo sen mesura, acentuando a total falta de respeto de algúns para co que eles , chaman "recursos naturais".
O documental está narrado por
Joaquin Phoenix e a música feita por Moby. Escrito e dirixido por Shaun Monson, no ano 2005 Earthlings foi premiado como o "Mellor Documental" no Festival de Cine Artivist, "Mellor Contido" no Festival Internacional de Cine de Boston, "Mellor Documental" e "Premio Humanitario" para Joaquin Phoenix no Festival de Cine de San Diego.
A súa realización requiriu unha investigación de 5 anos, gravouse con cámaras ocultas a realidade de tendas de mascotas, criadeiros de animais, refuxios, granxas industriais, matadoiros, o comercio de peles e coiro, deportes, entretementos e investigación científica. Na hora e media que dura o documental, nos mostran o lonxe que chega o maltrato que o home da a todo tipo de animais para satisfacer as súas necesidades económicas.


Earthlings permítenos abrilos ollos á realidade
Porque TODOS SOMOS RESPONSABLES.

AS VACAS E TERNEIROS

As vacas normalmente non viven mais que catro anos e medio. En circunstancias normais, poden alcanzar a idade de 30 anos, pero a sua productividade disminue dende os 4 anos. O longo da sua vida teñen un terneiro o ano. O terneiro é apartado da nai despois de unha semana, para previr lazos afectivos entre nai e fillo. O 10% das vacas estarán estabuladas toda a sua vida co que se optén unha maior productividade.
Os terneiros seleccionados para producción de carne chegan, como máximo, a idade de 6 meses. O día despois do seu nacemento son separados das nais e colocados en xaulas separadas ou en pequenos grupos, as xaulas son un pouco mais grandes que os terneiros. A miudo tamen son atados para disminuir os movementos. Despois de duas semanas nin siquiera se poden xirar dentro do seu cubiculo, desta forma o terneiro non desenrola os musculos e a sua carne permanece blanda. Durante o seu cautiverio os terneiros non reciben alimento verde, son alimentados con sustitutivos de leite con moita grasa, sen ferro nin fibra, mantendo así a carne blanda e sen sangre.

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você