prima a calidade sanitaria dos alimentos e o respeto polo medio ambiente, frote a produción masificada e industrial dos sistemas intensivos. Así os gobernos aparentaban que se preocupan polo medio ambiente e pola saúde dos cidadáns, pero non lle deron o impulso que necesitaba, e a produción ecolóxica foi evolucionado moi lentamente.
Imos usar como referencia os datos estadisticos do ano 2006 referentes a produción ecolóxica; nos cales podemos ver que inda que a situación non é moi alentadora esta a ter un aumento nestes últimos anos,(os que primeiro viron os beneficios da produción ecolóxica foron os gandeiros de carne da provincia de Lugo que vían que as súas explotacións extensivas case cumplian os requisitos para ser certificadas) e así comezou a emerxer o sector. No ano 2006 contabamos con 396 produtores, 60 empresas comercializadoras e 9623.46 ha adicadas a produción biolóxica.As produccións mais destacadas son:
- Pastos, praderías e forraxes con 8081.83 ha.
- Montes e recoleccións silvestres con 946.26 ha.
- Froiteiras con 314.18 ha .
- Cereais e leguminosas con 100.44 ha.
- Hortalizas e tubérculos con 61.46 ha.
Pero tamén temos produción de viños, plantas aromáticas e medicinais, sementes...
No referente o numero de explotacións gandeiras a maioría delas son de vacún de carne con 72 explotacións das cales 39 están na provincia de Lugo que tamén ten 10 explotacións de vacún de leite, das cales hai en Galicia 18 explotacións. Tamén temos explotacións de caprino, ovino, avícolas, apícolas,.... ata sumar 138 explotacións gandeiras.
Como industrias elaboradoras destacan as de envasado de produtos hortícolas con 9 empresas sendo 4 da provincia de Pontevedra, as panaderías, hai 8 empresas en todo o territorio, así como 4 bodegas de viños ecolóxicos. Cunha cifra total de 36 empresas en Galicia que transforman produtos ecolóxicos. Mentres que temos 24 empresas que elaboran derivados de produción animal, sendo as mais importantes os matadoiros con 8 en toda a comunidade, e 7 de derivados lácteos.
As ultimas novas que temos son do ano 2008; e dinos que en Galicia hai 13000 ha adicadas produción ecolóxica o que supón un incremento da superficie do 25% nos últimos dous anos, e temos 5 empresas comercializadoras mais que no 2006. A produción animal supón o 80% do total de produción, e destacándose a produción de castaña con 150 Tm exportadas principalmente a EEUU, Suíza e Francia.
 Con todos estes datos podemos ver que o ecolóxico é un sector que esta en aumento, pero esta moi lonxe do seu potencial real, xa que a maioría das producións son exportadas a outros países que valoran mais os nosos alimentos ecolóxicos que nos mesmos, polo que o seguinte paso será potencializar o consumo dos nosos produtos ecolóxicos, xa que en España e en Galicia tamén o consumo de alimentos ecolóxicos so chega o 0.6% do total de alimentos consumidos. Así pois seria necesario potencializar exposicións, mercados, feiras.... nas que primen as producións ecolóxicas. Por exemplo aquí en Arzúa temos a feira de “agricultura ecolóxica” pero a súa repercusión, numero de vendas e asistentes é moi reducido.
Valorando un pouco a situación actual da nosa sociedade, con tanto estres, sen tempo para coidarnos e facer algo de deporte, os alimentos ecolóxicos poderían axudar a ter unha vida mais saudable, e o mesmo tempo recuperariamos os nosos métodos de produción mais respectuosos co entorno e co medio ambiente.En Galicia o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica é: no cal se poden http://www.craega.es/ inscribir tódolos productores Galegos.
Para ver datos mais detallados e por provincias mira aquí:http://www.mapa.es/alimentacion/pags/ecologica/pdf/2006.pdf









































