lunes, 2 de marzo de 2009

A PRODUCIÓN ECOLÓXICA NO MUNDO

Pois, agora que estamos chegando o final do blog xa sabemos algo mais das alternativas que plantexamos, así que imos ver como funcionan estas alternativas no planeta:
Primeiro dicir que cremos que a produción ecolóxica non son só os produtos que se poñen a venda con certificados de produción ecolóxica, senón que nos parecen tan ecolóxicos os produtos que se producen para autoconsumo, ou para a venda en pequenas feiras ou mercados tradicionais, sempre que se produzan usando métodos ancestrais que normalmente soen ser ecolóxicos.. Deste xeito é moi difícil estimar en datos a realidade destas producións a nivel mundial dado que en moitos países subdesenrolados e outros mais ricos tamén, a xente sege a producir todos os seus alimentos nas súas fincas e hortas.
O mercado ecolóxico constitúe unha realidade que vai desenvolvéndose en todo o mundo. Os índices de medra do sector revelan que os produtos ecolóxicos van abandonando o seu nicho e empezan a ingresar moi lentamente nos mercados predominantes, tendo un aumento anual nalgunhas rexións do 20% anuais; cotas de medra que non acada ningunha outra produción de alimentos . As terras certificadas e cultivadas con técnicas ecolóxicas sobrepasan os 32.2 millóns de ha en todo o mundo. Ó mesmo tempo, unha supercifie de maior extensión e cultivada de forma tradicional, e a súa producción esta destinada ó consumo familiar ou vendese en prazas locais e feiras, esto sucede principalmente nos países en vías de desenrolo.
Un último desenvolvemento do mercado ecolóxico seria a conversión das empresas cara a agricultura ecolóxica. É un dato impresionante que Alemania conte con 17.000 empresas agrícolas ecolóxicas e Italia con case 45.000. O 6% das terras agrícolas en República Checa está cultivado con métodos ecolóxicos e en Suíza, a porcentaxe ecolóxico pasa do 10%, así no cantón mais grande “Dos Grisons” chega ó 50%. Austria ten unha porcentaxe de empresas agrícolas ecolóxicas do 13%, dirixidas por 20.000 agricultores ecolóxicos.Desenvolvementos notables rexístranse igualmente nos países en vía de desenvolvemento como Uganda, onde15.000 agricultores cultivan café ou algodón ecolóxicos, e en México onde 120.000 campesiños producen café, cacao, froitas, verduras e especias ecolóxicas, as cales poden vender a maior prezo nas cidades, pero tamén alimentos básicos para o consumo propio e a venda nas prazas locais dos pobos.O comercio ecolóxico esta collendo dimensións considerables. En EE.UU. o mercado ecolóxico acada case os 11 millóns de Dólares, e prevese que se duplique nos próximos cinco ou seis anos. En Alemana, todo o sector de alimentos para meniños vaise convertendo o sector ecolóxico, acadando porcentaxes entre 80% e 90%. Ademais, o 30% do pan producido cada día en Munich e nos seus o redores é ecolóxico e que o 30% de todo o leite de Dinamarca teñan unha certificación ecolóxica proba que o sector alimentario ecolóxico vai conquistando os mercados predominantes.
É significativo que nun país como Exipto, os productos ecolóxicos van difundíndose e ocupando posicións dominantes no mercado. A iniciativa biodinámica de SEKEM permitiu distribuír os seus productos a case 20.000 tendas de Exipto. A súa liña certificada de té e infusións ecolóxicos é o "número un" e nas vendas de Exipto. Unha demanda crecente dos consumidores rexistrase tamén en países como Arxentina, China, Xapón, Brasil, India, Polonia ou Australia. O feito é que os mercados alimentarios ecolóxicos van afianzándose cada día mais.
Reputados analistas de mercado prevén índices de medra anual do 30% cada ano, e iso significa que os mercados ecolóxicos poderían chegar ata 100 millóns de dólares nos próximos dez anos, con porcentaxes de medra mais altas en EE.UU., Europa e Xapón.
Os datos mundiais de producción ecolóxica por continentes son os seguintes: O 42% da superficie total adicada a producción ecolóxica esta concentrada en Oceanía,( tal vez influíu nesto que o precursor da permacultura, Bill Mollison sexa de Australia) onde por outra parte, o tamaño medio das explotacións é de 2.500 has, fronte a un tamaño medio mundial para estas explotacións dunhas 60 has. América do Sur co 24,2% da superficie mundial, resulta ser o segundo continente pola súa superficie adicada ó cultivo ecolóxico, concentrado en Arxentina 1,2 % da súa superficie agraria baixo cultiva ecolóxico. Europa é o terceiro continente pola superficie dedicada a cultivos ecolóxicos, co 23,2 % da superficie mundial. En cuarto lugar situase América do Norte, co 5,8 % da superficie ecolóxica mundial e, a continuación, Asia co 3,7 % da superficie mundial. Finalmente atopase África con 1,2 % da superficie total mundial. Este estudio foi feito no ano 2003 pero en novas mais recentes podemos saber que o crecemento destas producións disparouse dende aquela en África e Arxentina, ( En Arxentina, por mor da crise económica que sufriu os agricultores tiveron que prescindir dos métodos de produción moi custosos, pasándose a produción ecolóxica.¡ Haber si en España agora que estamos en crise tomamos exemplo!)
Estes datos son bastantes esperanzadores, se este tipo de produccións non se deixan influír pola maquinaria capitalista, que pode ver posibilidades de negocio nun sector en expansión, o cal remataría cas ilusións de moitos destes productores que so buscan unha forma digna de vivir no campo e do campo, obtendo uns beneficios mínimos quelles permitan seguir vivindo así. Podemos dicir tamén que nos países en vías de desenrolo a produción ecolóxica contribúe a un importante desenrolo socioeconómico e ecoloxicamente sostible, especialmente nos países mais pobres, xa que poden obter ingresos sen cambiar a súa forma de vida tradicional.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você