Todos sabemos á perfección que neste planeta, os bens están moi mal repartidos… É irónico que por norma xeral, os lugares mais ricos en recursos naturais e materias primas, sexan os mais pobres, nos que a súa poboación “morre de fame”, nos que, o termo “calidade de vida” pasa cara un plano moi afastado, pois en primeiro lugar aínda esta “a supervivencia”.
E isto sucede porque o longo da historia, estes lugares foron saqueados impunemente, exprimidos ata esgotar os recursos en moitos dos casos, por os países que hoxe se consideran desenrolados. ¿Desenrolados? Nada mais lonxe, a nivel ético e moral aínda lles queda moito para poder chamalos deste xeito.
Actualmente quizás, non se lles roube a cara, a punta de armas, pero si mediante o actual sistema de comercio. Os produtos importados son aínda máis baratos que os que se producen aquí, a catro leiras do súper (como se pode entender?...e permitir?), e tendo en conta que a maior parte dese prezo que nos pagamos vai parar as garras dos intermediarios…¿Qué lles queda ós produtores?? Pois quédalles una miseria, coa cal non poden chegar nin de lonxe a vivir dignamente… Véndose obrigados a producir máis e máis, con todos os problemas que isto trae con si, dos que xa falamos algo anteriormente (explotación de traballadores, dos chans, monocultivos…)
Pode que vos soe esaxerado e forte, pero o certo e que nós, a nosa sociedade apodrecida e consumista, somos os peores asasinos, os mais covardes, pois sendo conscientes das consecuencias, seguimos consumindo cada vez mais, matando así a milleiros de persoas de fame, favorecendo a explotación de persoas… E todo isto, tan ledamente, mirando cara outro lado (como sempre).
A cousa require una cura urxente, pero sexamos realistas, mentres non demos nos o cambio, nos, todos aqueles que pensan -“O que eu faga non vai solucionar nada”,realmente nada cambiará.
O comercio xusto (FT, por Fair Trade) ou Comercio Alternativo (AT, por Alternative Trade) e unha forma alternativa de comercio que pode cambiar bastante á historia. As súas iniciativas baséanse en crear canles innovadores, nestes, a relación entre as partes orientase ó logro do desenrolo sostible da oferta, cara ó desenvolvemento integral, con sustentabilidade económica, social e ambiental, respectando a idiosincrasia dos pobos, as súas culturas, tradicións e os dereitos humanos básicos.
Os principios que defende o comercio xusto son:
Os produtores forman parte de cooperativas ou organizacións voluntarias e funcionan democraticamente.
Libre iniciativa e traballo. Rexeitar os subsidios e axudas asistenciais (de alí a frase do comercio xusto: «Comercio, non axuda»).
Rexeitar a explotación infantil.
Igualdade entre homes e mulleres.
Traballase con dignidade respectando os dereitos humanos, garantindo un salario xusto para os traballadores, e unas condicións de seguridade e hixiene axeitadas do lugar de traballo.
O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
Os compradores xeralmente pagan por adiantado para evitar que os produtores busquen outros xeitos de financiarse.
Valorase a calidade e a produción ecolóxica.
Respeto ó medio ambiente.
Búscase a maneira de evitar intermediarios,de acurtar ó máximo a cadea entre produtores e consumidores.
Informase ós consumidores acerca da orixe do produto, intentando que estes últimos tomen conciencia da cultura, a identidade e as condicións de vida dos produtores.
O proceso debe ser voluntario, tanto a relación entre produtores, distribuidores e consumidores.
É favorable á liberdade de comercio en iguales condicións, e dicir, abolir as restricións discriminatorias a produtos provenientes de países en desenrolo, dende materia prima a manufacturas ou tecnoloxías. Así evitase a discriminación e o proteccionismo. Intenta tamén evitar as grandes diferenzas entre o prezo que pagan por un produto os consumidores do “primeiro mundo” e o diñeiro que se lles paga os seus produtores no “terceiro mundo” , ademais de evitar a explotación dos traballadores… Isto contribúe a compensar os efectos da obsesión consumista polo prezo máis barato, sen consideración ningunha das súas consecuencias.
Nada de limosnas, nin doazóns a ONGs para apaciguar as nosas conciencias, a mellor axuda que os países ricos lles podemos ofrecer ós países en vías de desenrolo e o establecemento de relacións comerciais éticas e respectuosas; debémosllo!
O certo e que nesta iniciativa, as entidades oficiais ou estatais, non fan absolutamente nada, ¿e que van facer, se a cousa lles sae moito mais rendible agora? Así funcionan as cousas, amigos, para os gobernos o diñeiro e o único que importa e manda.
Pola contra, podemos ver un pouquiño de luz , pois o Comercio Xusto esta sendo impulsado e practicado por millóns de persoas solidarias en diversas partes do mundo, e vai en aumento.
Xa hai organizacións e tendas de comercio xusto por toda Europa, Canada, Estados Unidos, Xapón … tamén se merca por catalogo…
Seguro que se buscades polo vosa cidade mais cercana atoparedes algunha tenda deste tipo.
Aínda que de todos modos, nos pensamos que tamén pode haber outros xeitos de “comercio xusto”, como mercar os produtos da zoa na que vivimos, pois se os produtos se quedan na zoa, o propio gandeiro, agricultor, artesán… pedirá un prezo xusto, o non ter necesariamente perdidas en transportes nin intermediarios.
Outras formas de comercio, a grande escala serían moi complexas de levar a practica no actual sistema capitalista ata a medula… Pero a pequena escala podemos e debemos volver atrás, ós tempos do troco (o veciño ten una finca na que se dan estupendamente os allos, na túa non se dan ,pero si as fabas, Intercambiade!). Ou os intercambios de traballos, bancos de favores…
Moitas son as ideas, pero o máis importante neste momento e que os seres humanos cambiemos os nosos hábitos de consumo radicalmente, axustándoos as nosas necesidades reais.
Consumir non debería ser so a satisfacción dunha necesidade, senón que debería implicar colaborar cos procesos económicos medioambientais e sociais que posibiliten o produto consumido. Por isto cada vez que merquemos algo deberíamos considerar:
· O impacto ambiental(procesos de produción, transporte, distribución, consumo e residuos que deixa o produto.
· Determinar a pegada ecolóxica que determinado estilo de vida e consumismo producen.
· Determinar qué empresas, produtos e servizos, respetan o medio ambiente e os dereitos humanos para preferilos fronte a outros que non cumpran cos citados requisitos.
· Plantexarse o tipo de comercio o que se desexa favorecer.
· Asegurar a calidade do produto mercado.
E feito isto, elixir a opción que conleve menos repercusións dañinas.
Realmente cremos que é posible exercer o consumo responsable, e unha vez superadas as rutinas e outras dificultades que o obstaculizan, desfrutar da mellor calidade de vida que derivan da súa práctica. Toda a sociedade debe comprender isto para que renuncie aos actuais hábitos de vida, insustentables para o planeta, cimentadores da inxustiza social, pero tamén axentes da infelicidade individual.

Se queredes saber mais votadelle un ollo a: http://www.nodo50.org/espanica/cjust.html
0 comentarios:
Publicar un comentario