
A desertización prodúcese cando o clima entra en ciclos de sequia, entón as terras mais predispostas, desidratanse e perden a auga, e co tempo tamén perden os nutrientes que forman os agregados do solo co cal a terra queda solta e sen vexetación que a protexa. Así o vento acaba de rematar o proceso de desertización. Este é un proceso tan antigo e natural como a propia Terra, que avanza e retrocede según os ciclos climáticos. Agora que o natural non esta de moda, podemos dicir que nin a desertización se produce de forma natural, debido a influencia que está exercendo o home sobre o clima; potenciando e acelerando os cambios climáticos e o quentamento global, acelerando así os procesos de desertización.
A desertificación é causada totalmente polo ser humano que nas súas ansias de medrar custe o que custe, ou por ignorancia e descoñecemento dos danos que poden causar os seus actos, pídelle mais a terra do que esta lle pode dar, con graves consecuencias para o planeta, o que implica tamén un dano para os seres que o habitan.

Actos como a agricultura cando se fai de forma que non se repón á terra o que se extrae, ven sexan; nutrientes, auga, materia orgánica,... fan que a terra vaia perdendo a súa estrutura e textura, ata quedaren totalmente erma e improdutiva, sen cuberta vexetal, e co tempo transformada en desertos.
O sobrepastoreo, que é o intento de manter excesivas cabezas de gando nun territorio, co resultado de que a vexetación e pisada e arrancada polos herbívoros, tan rápido e con tal contundencia que a vexetación non é capaz de soportalo. Transformándose así en desertos en un breve período de tempo. Esta é a principal causa de desertificación no mundo.
O rego con auga con un alto contido en sales, cando se fai en lugares de climas secos e cálidos, remata por matar a vexetación e facer os solos improdutivos debido a salinidade que se acumula na terra.
Según estimacións do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente: Unha extensión similar a toda América encontrase en risco de desertización, o 30% da superficie cultivable do planeta esta sufrindo desertificación entre lixeira e severa, con outro 6% que sufre desertificación extremadamente severa, sendo xa terras irrecuperables. Todo isto conleva a que uns 900 millóns de persoas de todo o planeta estean en perigo, a causa da desertificación.
As zonas do planeta con maior desertificación son:
Madagascar: É o pais mais erosionado do mundo. O 93% do seu bosque tropical e o 66% da súa selva chuviosa foron talados polo home, iniciando así unha desertificación que nunca se produciría de forma natural.
África: En países moi poboados e con poucos recursos como os da franxa Subsahariana, observase un incremento notable das zoas desertas, o que conleva un grave problema os habitantes dun continente xa moi castigado.
España: Aquí a situación tampouco é moi esperanzadora, xa que é o pais Europeo mais desertificado. Pola súa situación xeográfica xa sufre este problema de forma natural, pero o uso que lle demos os solos durante centos de anos aceleraron o proceso ata tal punto que 13 millóns de ha sofren erosión grave, perdendo unhas 100Tm/ano de solo, e outros 14 millóns sofren unha erosión notable con perdidas de solo de 50 a 100 Tm/ano. Sumando así a preocupante cifra de que o 53% do noso pais estase desertificando.Algunhas persoas e estamentos públicos, que non queren ver a realidade do problema din que é un proceso natural inducido polo clima mediterráneo. Sen embargo outro mais realistas pero menos escoitados, creen que se dende a Idade Media non se talaran os bosques que cubrían a península agora non teriamos este clima, ou que se intentara repoboar estas zonas a situación non seria tan grave.( En Murcia, os montes de Serra Espuña, a comezos do século pasado estaban en proceso de desertificación a causa das deforestacións sufridas. Entonces os enxeñeiros de montes daquela época decidiron facer unha repoboación protectora con varias varieades de piñeiros. Na actualidade Serra Espuña é unha paraxe protexida pola súa importancia ecolóxica.)
Como a cabezóns parece que non hai que nos gañe, seguimos actuando igual; con talas abusivas, incendios, sobrepastoreo, practicas agrícolas inadecuadas, construción descoidada de pistas, carreteiras, e outras obras que aumentan a fraxilidade dos solos, denudan o terreo, e orixinan focos nos que comeza o arrastre de materiais. Todo isto nun sistema climático como o noso, que mantén un delicado equilibrio que se pode alterar de forma importante e con gran facilidade con calquera actuación por ridícula que pareza, ponos nunha situación comprometida e perigosa a non moi longo tempo.
O que resulta mais paradoxico é que na Cumbre de Río de Xaneiro de 1992; calculouse que con 292000 millóns de dólares a gastar en 20 anos frenariase este proceso a nivel mundial, e para mantelo así teriamos que abandonar as practicas dañinas co medio.
Entonces tendo unha solución, ¿ Por qué 16 anos despois seguen aumentando as zonas desertas?