martes, 18 de noviembre de 2008

ALGO MÁIS QUE HISTORIA

Na época da Industrialización, o mundo divídese en dous; zoas industrializadas e zoas naturais.


Nas primeiras cidades e onde a densidade de poboación aumentou considerablemente, quedándose os métodos tradicionais de produción “inutilizados” para satisfacer as demandas de tantísima xente.


Ante isto xurdiron cinco novidades importantes: Mellora xenética, mecanización das labores, uso de fertilizantes, plagicidas sintéticos e expansión de regadíos. Con isto aumentaron a produción, e así, tamén a poboación creando un circulo vicioso, que se rompeu cando os campos esquilmados dixeron ¡vasta!, chegando a época das pestes, que volveron a equilibrar a poboación.


Mentres tanto na outra metade de mundo, a rural, os campesiños, aplicaban o que hoxe se chama produción ecolóxica. Por sorte, decatáronse de que simplemente ca apartación de materia orgánica, barbeito das terras, rotación de cultivos e aproveitando os ciclos naturais (choivas, épocas de sol, fases lunares…) a produción era modesta pero estable; podendo alimentar as súas familias e gando, intercambiar produtos e incluso encher as enormes barrigas dos terratenentes, marqueses, duques ou curas de turno, ós que tiñan que render pleitesía.


Ó mesmo tempo aproveitaban o que o monte lles proporcionaba: Castañas, leña, cogomelos e demais froitos, e outros moitísimo recursos.


En Galicia, por exemplo este foi o método tradicional de vida ata fai uns 40-50 anos.


Voltando a ollar o que pasa na outra metade do mundo, a máis “avanzada”, vemos un claro exemplo de que o home e o único animal que dá dúas veces cá mesma pedra, posto que non cambiou a súa forma de producir “actual” (abusiva, dañina e desconsiderada para co entorno) á vista dos resultados, senón que “mellorou” os seus produtos químicos. (O consumo de fertilizantes no mundo pasou de 14 millóns de toneladas en 1950 a 140 millóns de toneladas no ano 1990…). Introduxo e alterou xens modificándoos, no que logo se ía a comer (impedindo a adaptabilidade das especies autóctonas e a biodiversidade), nacendo así os transxenicos. Secaron ríos, lagos e lagoas de importancia ecolóxica vital e implantaron encoros en vales fértiles, sustituiron animais por máquinas e máquinas por herbicidas, así como paxaros e insectos beneficiosos por insecticidas…


No lugar onde os bosques milenarios perderon a batalla contra os campos de monocultivos, agora proliferan semidesertos ou zoas tan acidificadas e encarecidas que son totalmente hermas.

As desembocaduras e cauces dos ríos que foron desecados agora están ocupados por grandes e custosos edificios, pero ¡ai! cando chove e chove forte (pola loucura que lle estamos "contaxiando" ó clima), os campos desertificados xa non queren a auga, ¡será por que xa non teñen plantas ás que facer medrar!, e toda esa auga recorda cal é o seu percorrido e por uns días os cauces secos voltan a una vida frenética, destruíndo así as edificacións dos homes; recuperando o terreo que estes lle roubaron.


Con todo isto algunha xente estase a decatar de que o mellor método de obter beneficios do planeta, e , aliarse con el, e deixar de pisotealo. Estes “bechos raros” intentan mellorar os métodos ancestrais, cousa doada cá cantidade de información a que podemos acceder… Reinventando así a agricultura e gandería ecolóxica, as produción forestais compatibles co medio, as bioconstruccións…E en loita sempre contra o concepto desprestixiado e terxiversado do que é a vida no rural, o traballo, e os seus habitantes, os labregos, que foron chamados burros, analfabetos e ata porcos, por andar manchados da terra que lles da de comer; estes foron os únicos que comprenderon verdadeiramente a relación entre o home e a terra.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você