miércoles, 3 de diciembre de 2008

OS INCENDOS FORESTAIS

O lume é un elemento da natureza que se pode definir como unha extensión da enerxía. Unhas veces esta enerxía proben do ceo; os raios caeron por doquier durante millóns de anos, creando grandes incendios forestais que condicionaron a vexetación existente. Esto sucede nos bosques boreais, a taiga rusosiberiana, e nas grandes masas de coníferas de Norteamérica. Outras veces o lume proben das entrañas da terra por medio dos volcáns , producindo tamén incendios forestais. Por exemplo o pino canario o único que rebrota de cepa despois dun incendio, esto e unha adaptación da especie , como consecuencia da cantidade de incendios producidos na zona por mor dos volcáns.
Pero o lume, ademais, é compañeiro do home, o cal o observa os efectos dos incendios naturais, ve que as zonas queimadas son boas para a agricultura e a gandería. Deste modo o lume pasa de ser un elemento natural a ser unha ferramenta de traballo rápida e sinxela.
Para entender mellor o problema dos incendios forestais imos ver un pouco como se comportan e orixinan nas distintas rexións do mundo:
Bosques boreais:

Os lumes en Canadá e Norte de Eurasia, son orixinados por aparato eléctrico, nos curtos veráns, é a maioría corren sen control polas extensas superficies deshabitadas, os medios de extinción so interveñen si os incendios se acercan a zonas habitadas. Estes incendios naturais axudan a rexeneración dos bosques. O mesmo sucede en Siberia, onde so se combaten os incendios cando afectan as explotacións forestais.
Bosque templado Norteamericano:
Estendese dende o Sur de Canadá ata Centroamerica, algúns incendios desta rexión son provocados por raios, pero a inmensa maioría son provocados polo home; así ocorre en California onde tódolos anos os lumes provocados devastan areas de monte e urbanizacións, co risco que esto conleva para as vidas humanas.
Bosque de Centroamerica e Caribe:
É outra zona do mundo onde os incendios son provocados na súa totalidade, perdurando así unha técnica de cultivo que se remonta o neolítico, e que segue arraigada nos campesiños. Como se pode constatar nas “Crónicas da Conquista” no século XVI; os Mayas xa usaban o lume para preparar os campos de cultivo.
Bosque chuvioso tropical da Amazonia:
Aquí igualmente a roturación de terras fíxose dende tempos inmemoriais usando o lume.(En 1991 os satélites da NOAA detectaron 312900 focos de lume nesta rexión.)
Sabana do Hemisferio Sur:
A Pampa Arxentina, os desertos de Sudáfrica e Australia, son recorridos por inmensos lumes cada ano, prendidos polas poboacións locais para manter os pastos.A veces estes lumes chegan a zoas urbanas causando graves danos, so así se converten en noticia.
Sudeste Asiático:
Zona con gran densidade de poboación que para obter alimento con menos traballo usan o lume como ferramenta de desbroce.
Cando a estación chuviosa se retrasa os lumes descontrólanse, producindo autenticas desastres ecolóxicas. ( En 1997 as sequias prolongáronse devido o fenómeno “El Niño” e en Borneo arderon 2 millóns de ha de selva, con lumes que tardaron varios meses en apagarse.

China:
Aquí tamén temos incendios por causas naturais e como non, pola man do home.( En 1987 un gran incendio orixinado nas rexións do Norte, lindeiras con Siberia, arrasou mais de 1 millón de ha, matando centos de persoas.
Conca Mediterránea:
Pois non somos menos, para mostra dicir que tódolos anos arde unha media de 1 millón de ha nesta zoa. O principal causante é o home. Como exemplos temos; España no 2006 , Portugal no 2003 e 2004 e Grecia o ano pasado...
Galicia:
Dado que é onde vivimos, imos ver o que pasa aquí:
O noroeste de España acumula a maioría dos incendios de España, e en especial Galicia, dándose varios factores favorables:elevada pluviometría co que o mato medra rápido, orografía descarpada, e tradición no uso do lume.Cantas veces non oímos dicir os vellos das aldeas; “ Os montes hai que queimalos para eliminar o mato e matar os animais que danan os cultivos”, pero isto non é todo xa que as causas son moi diversas: Urbanismo, caza, crear pastos, rencillas cos veciños e a administración, dementes que cren que se hai mais incendios van traballar mais tempo na súa extinción; tamén chamado negocio do lume, pirómanos, escapes de queimas, vías férreas, vertedoiros... e algún que outro raio. Todo este vese favorecido polo abandono do rural co cal os montes e os camiños están moi descoidados, o que antes eran labradios agora son toxeiras e silveiras que están pegadas as casas.
No ano 2006 arderon mais de 100.000 ha en 15 días do mes de Agosto, morreron persoas, perdéronse casas e bens, e gran parte da superficie forestal de Galicia. Parece así que o problema comezou hai, xa que os medios de comunicación so buscan as traxedia persoais, sen importarlle para nada os danos ecolóxicos.
Galicia ten unha media de 6 meses o ano con incendios forestais, en anos secos ten chegado a 10 meses, co que non é so no verán cando arden os nosos montes. En outono e primavera cando as xeadas resecan o matorral os pastores aproveitan para rexenerar os pastos,( Montes de gran riqueza ecolóxica que son LICs como Pena Trevinca, Mazaneda e o Parque Natural de Sanabria (en Zamora), arderon por completo no outono do 2005 con lumes que duraron uns 10 días e queimaron mais de 15000 ha so en estas tres paraxes) pero desto non se soupo nada; os medios de comunicación non valoran estas traxedias ecolóxicas, e ós gobernos non lles interesa difundilas.
Como incendios producidos por causas naturais; podemos dicir que no verán do 2004 a montaña Lucense foi devorada polo lume a causa das tormentas secas, que o longo de varios días destruirón paraxes moi fermosas dos Ancares, Courel e Navia de Suarna. Pero a excepción dos medios locais o resto de medios de comunicación tampouco se fixeron eco da noticia.
Todo isto esta contribuíndo a que provincias como Ourense se estean en proceso de desertización, posto que despois dos incendios repetidos o longo dos anos, veñen as épocas de choivas que arrastran as terras soltas que deixou o lume, levando con sigo os nutrintes e contribuíndo a acidificación do solo.
Outra cousa que cotribue a contaminación do planeta é o Dióxido de Carbono que se desprende dos incendios, ( no verán do 2006 en cidades como Santiago e Vigo que se viron cercadas polo lume durante varios días, os hospitais tiveron que atender a centos de persoas intoxicadas por este gas.)
Despois de analizar un pouco a casuística e os danos dos incendios forestais pensamos que poden ser beneficios en certos ecosistemas cando se producen por causas naturais, pero que os humanos, que somos os seres mais intelixentes deste planeta, non deberiamos xogar ca natureza o noso antollo.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você