sábado, 13 de diciembre de 2008

DESERTIZACIÓN OU DESERTIFICACIÓN

Entendese como desertización o proceso polo que un territorio que incialmente non posúe as condicións climáticas dos desertos, que principalmente son zonas áridas ou semiaridas, e que co paso do tempo acaban por adquirir as condicións destes. O causante deste fenómeno son as variacións naturais do clima en un determinado territorio. Cando este fenómeno se chama desertificación é porque o proceso é causado polo home; nas zonas áridas o home aproveita os recursos mediante a agricultura e o pastoreo, cando isto se fai de forma excesiva e descontrolada rematase por xenerar este problema. Outro caso de desertificación dáse en zoas de climas chuviosos, que naturalmente nunca se verian afectados por este problema de non ser pola intervención do home que por medio das deforestacións incontroladas que rematan por transformar selvas en desertos.
A desertización prodúcese cando o clima entra en ciclos de sequia, entón as terras mais predispostas, desidratanse e perden a auga, e co tempo tamén perden os nutrientes que forman os agregados do solo co cal a terra queda solta e sen vexetación que a protexa. Así o vento acaba de rematar o proceso de desertización. Este é un proceso tan antigo e natural como a propia Terra, que avanza e retrocede según os ciclos climáticos. Agora que o natural non esta de moda, podemos dicir que nin a desertización se produce de forma natural, debido a influencia que está exercendo o home sobre o clima; potenciando e acelerando os cambios climáticos e o quentamento global, acelerando así os procesos de desertización.
A desertificación é causada totalmente polo ser humano que nas súas ansias de medrar custe o que custe, ou por ignorancia e descoñecemento dos danos que poden causar os seus actos, pídelle mais a terra do que esta lle pode dar, con graves consecuencias para o planeta, o que implica tamén un dano para os seres que o habitan.


Actos como a agricultura
cando se fai de forma que non se repón á terra o que se extrae, ven sexan; nutrientes, auga, materia orgánica,... fan que a terra vaia perdendo a súa estrutura e textura, ata quedaren totalmente erma e improdutiva, sen cuberta vexetal, e co tempo transformada en desertos.
O
sobrepastoreo,
que é o intento de manter excesivas cabezas de gando nun territorio, co resultado de que a vexetación e pisada e arrancada polos herbívoros, tan rápido e con tal contundencia que a vexetación non é capaz de soportalo. Transformándose así en desertos en un breve período de tempo. Esta é a principal causa de desertificación no mundo.
O
rego
con auga con un alto contido en sales, cando se fai en lugares de climas secos e cálidos, remata por matar a vexetación e facer os solos improdutivos debido a salinidade que se acumula na terra.
Según estimacións do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente: Unha extensión similar a toda América encontrase en risco de desertización, o 30% da superficie cultivable do planeta esta sufrindo desertificación entre lixeira e severa, con outro 6% que sufre desertificación extremadamente severa, sendo xa terras irrecuperables. Todo isto conleva a que uns 900 millóns de persoas de todo o planeta estean en perigo, a causa da desertificación.

As zonas do planeta con maior desertificación son:
Madagascar:
É o pais mais erosionado do mundo. O 93% do seu bosque tropical e o 66% da súa selva chuviosa foron talados polo home, iniciando así unha desertificación que nunca se produciría de forma natural.
África: En países moi poboados e con poucos recursos como os da franxa Subsahariana, observase un incremento notable das zoas desertas, o que conleva un grave problema os habitantes dun continente xa moi castigado.
España:
Aquí a situación tampouco é moi esperanzadora, xa que é o pais Europeo mais desertificado. Pola súa situación xeográfica xa sufre este problema de forma natural, pero o uso que lle demos os solos durante centos de anos aceleraron o proceso ata tal punto que 13 millóns de ha sofren erosión grave, perdendo unhas 100Tm/ano de solo, e outros 14 millóns sofren unha erosión notable con perdidas de solo de 50 a 100 Tm/ano. Sumando así a preocupante cifra de que o 53% do noso pais estase desertificando.
Algunhas persoas e estamentos públicos, que non queren ver a realidade do problema din que é un proceso natural inducido polo clima mediterráneo. Sen embargo outro mais realistas pero menos escoitados, creen que se dende a Idade Media non se talaran os bosques que cubrían a península agora non teriamos este clima, ou que se intentara repoboar estas zonas a situación non seria tan grave.( En Murcia, os montes de Serra Espuña, a comezos do século pasado estaban en proceso de desertificación a causa das deforestacións sufridas. Entonces os enxeñeiros de montes daquela época decidiron facer unha repoboación protectora con varias varieades de piñeiros. Na actualidade Serra Espuña é unha paraxe protexida pola súa importancia ecolóxica.)
Como a cabezóns parece que non hai que nos gañe, seguimos actuando igual; con talas abusivas, incendios, sobrepastoreo, practicas agrícolas inadecuadas, construción descoidada de pistas, carreteiras, e outras obras que aumentan a fraxilidade dos solos, denudan o terreo, e orixinan focos nos que comeza o arrastre de materiais. Todo isto nun sistema climático como o noso, que mantén un delicado equilibrio que se pode alterar de forma importante e con gran facilidade con calquera actuación por ridícula que pareza, ponos nunha situación comprometida e perigosa a non moi longo tempo.
O que resulta mais paradoxico é que na Cumbre de Río de Xaneiro de 1992; calculouse que con 292000 millóns de dólares a gastar en 20 anos frenariase este proceso a nivel mundial, e para mantelo así teriamos que abandonar as practicas dañinas co medio.
Entonces tendo unha solución, ¿ Por qué 16 anos despois seguen aumentando as zonas desertas?


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola, ex-pupilos.Alégrame ver todo o que traballades e sobre todo a preocupación que amosades neste artigo por unha situación actual do planeta non moi optimista.
Non tivemos oportunidade de conversar sobre esto da sensibilización ambiental na que neste momento estou metida de cheo, pois é evidente que se escapa un pouco dos contidos curriculares de Implantación de xardíns, pero teño que dicirvos que foi unha grata sorpresa descubrir o voso traballo, aínda que se faga baixo a presión do aprobado, benvido sexa.
Xa sabedes onde estou, así que si necesitades información sobre algunha temática medioambiental concreta, chamádeme, que tanto eu coma calquer/a outro/a compañeiro/a do CEIDA estaremos dispostos a facilitárvola.
Por certo, dádelle as grazas a Meiriño por chivarse deste blog.
Saúdos dende o Castelo.Mamen

Jose M. Rial dijo...

Noraboa por o voso blog, tratades temas moi interesantes e os artigos son moi completos.
Animo e seguide así.

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você