lunes, 9 de marzo de 2009

PRODUCIÓN ECOLÓXICA EN ESPAÑA

O certo é que non e demasiado doado atopar datos actuais e verídicos sobre a situación de España respecto á produción ecolóxica...
En primeiro lugar, porque, como xa dixemos anteriormente, gran parte da produción é a niveis caseiros ou familiares; por outra banda, moitos dos produtos ecolóxicos aínda non contan có selo que os acredita, ben por cuestións de tempo (requírense dous anos polo menos para facer a “reconversión”) ou ben porque son produtos de outra índole á destinada a consumo directo (alimentación), tales como artesanía , cosmética...
Así pois centrarémonos mais na produción agrícola e gandeira...
Respecto a agricultura, en España deberiamos telo doado, pois contamos cunha climatoloxía favorable, e ademais habitualmente se empregan sistemas extensivos de produción...
En canto a
gandería, a conservación dun patrimonio xenético importante de razas autóctonas, e perfectamente adaptadas ó medio, favorece a súa cría e explotación por sistemas extensivos.
Todo isto sen esquecer a tradición e desenvolvemento acadados en apicultura, cuxo manexo coidadoso, posibilita ofertar produtos de gran calidade, pola abundancia e variedade da flora melífera en España.
Neste pais, seria ala polos anos 80 do século pasado, cando comezaron a xurdir persoas e organizacións adicadas a estes “cultivos medioambientais”, debido a certos escándalos alimenticios, e á médrante preocupación polo medio ambiente da poboación, moitos agricultores e gandeiros decidiron pasarse a este xeito de producir , san e sostible...
Pero non o tiveron sinxelo, pois estes aventurados agricultores, tiveron que realizar grandes cambios para sustituir os seus cultivos tradicionais polos ecolóx
icos, sobre todo para que as escasas e contraditorias (en moitos casos) leis e organismos reguladores, lles concedesen o tan prezado selo que lles acreditaría.
O elaborador, así, tiña dificultades para atopar distribuidores de materia prima que cumprisen con dito certificado de “ecolóxicas”.
E por outra banda, o destino final destes produtos, eran sobre todo tendas adicadas a un sector da poboación moi especifico, “os ecoloxistas”, pois eran xeralmente tendas de alimentación naturista, dietética,ou medicinal. Polo que os produtos non chegaban a un nº de consumidores moi amplo.
Pero pouco a pouco, co paso dos anos estas empresas se foron abrindo un oco. Xa que aquí non había practicamente demanda, comezouse a exportar a outros países de Europa; Principalmente a Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido ou Holanda... e mais recentemente incorporáronse tamén outros mercados asiáticos...
Así chegaron a acadar un volume económico moi importante, movendo o negocio ecolóxico milleiros de millóns.
Así pois o nº de produtores dende os anos 90 ó 2006 multiplicouse por mais de 6...
E as superficies cultivadas, de ser unhas 4000 ha a case o millón de ha.
Elaboradores e distribuidores xa non atopaban problemas de abastecemento, e así pasaron de ser 50 en 1991 ata os 1942 de 2006.
Poderíase dicir entón que o sector estaba en auxe, cuns mercados exteriores consolidados e en aumento.
Neste enlace poderedes atopar datos da producion ecoloxica en España do 2006:
http://www.mapa.es/alimentacion/pags/ecologica/pdf/2006.pdf
Pero os consumidores españois, desgraciadamente, rexistran o menor índice de demanda deste tipo de produtos de toda a Unión Europea, malia que o noso pais se fora convertendo nun dos principais produtores, o segundo de Europa, mais do 85% do producido exportase...
E ¿por que? ¿que pasa? ¿cales son as barreiras de entrada ás despensas españolas?
Pois unha delas, sen dubida, é o prezo, que en ocasión case duplica o do p
roduto “convencional”
A maior parte da xente xa sabemos que a alimentación ecolóxica e unha boa aposta para a saúde do planeta e para a nosa propia.
E é certo que en países como Alemaña quizás teñan mais conciencia ecolóxica , e os seus consumidores non lles importe pagar un pouco mais por un produto de calidade.
Pero non e o mesmo caso o de Alemaña que o de España, no noso pais temos menor acceso os produtos ecolóxicos( cousa irónica ¿non?) e son mais caros, o noso nivel adquisitivo e menor co alemán e ademais debemos engadir que dende o goberno realízanse poucas iniciativas para potenciar a alimentación ecolóxica nacional.
Curiosamente en España, mentres fomos vendo o enorme crecemento da produción ecolóxica (para que se o coman fora), tamén vimos igualmente, o forte incremento dos cultivos transxénicos (o ano pasado medrou case un 80% respecto ó 2006).
Danos a risa...Por non chorar, pois o goberno ponse continuamente a careta, e vai por medio mundo alabando a agricultura ecolóxica, poñéndonos como exemplo; pero na realidade, polo apoio que reciben... case diriamos que lle tiran mais os transxénicos, debido os intereses económicos que xeran.
Deixando este tema o marxe..continuamos.
Outra das barreiras posiblemente sexa que moitas persoas non saben distinguir os produtos ecolóxicos, pois non existe un logotipo común para todos eles, e isto non fai mais que confundir o cliente.

Durante bastantes anos, o sector da produción ecolóxico centrouse en potenciar o consumo no exterior, pois era o mais sinxelo e se obtiñan “bos resultados”. Pero agora, este ultimo ano especialmente,as cousas cambiaron...
Debido á situación económica actual, as exportacións descenderon considerablemente, véndose reducidas ata un 15%, dependendo da situación da “crise” no pais de destino (Exemplo: Reino Unido...)
E agora si, o sector intentara comezar a “seducir” o consumidor español, pero cremos que si o quere conseguir deberan realizar ofertas moi atractivas, pois aquí a situación económica tampouco e moi brillante.
E é realmente difícil, porque ante unha situación como esta, os prezos da comida lixo, precociñados... baixan unha barbaridade, e os consumidores so miran polo peto.
Importante para que os produtos ecolóxicos se comecen a consumir, e que os podamos atopar en calquera supermercado, en calquera estante, e non nunha sección apartada que a xente soe confundir como de dietética...

Difícil é potenciar a alimentación ecolóxica, cando nestes momentos todo xoga na súa contra...
Pero como xa dixemos anteriormente e necesario, malia os inconvintes, que empecemos a introducir artículos de produción ecolóxica nos nosos fogares, melloraremos a nosa calidade de vida, e sobre todo contribuiremos, polo menos, a non acurtar a do planeta.

0 comentarios:

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você