lunes, 9 de marzo de 2009

A AGRICULTURA ECOLOXICA DE GALICIA

Ala polo ano 1991 naceu en España e en Galicia a denominación de agricultura ecolóxica, ca cal se pretendía dar saída a unha forma de entender a produción de alimentos distinta a que se impuxo como modelo mundial dende facía uns 50 anos. Este novo modelo prima a calidade sanitaria dos alimentos e o respeto polo medio ambiente, frote a produción masificada e industrial dos sistemas intensivos. Así os gobernos aparentaban que se preocupan polo medio ambiente e pola saúde dos cidadáns, pero non lle deron o impulso que necesitaba, e a produción ecolóxica foi evolucionado moi lentamente.


En Galicia temos un potencial para a produción ecolóxica moi alto pero en vez de liderar a produción ecolóxica en España ( algo factible grazas a benevolencia do noso clima) ocupamos o decimo lugar en numero de hectáreas adicadas a produción ecolóxica. Tal vez sexa pola nosa mentalidade de desconfianza a todo o novo ou por que non no lo souberon explicar correctamente pero tal perdemos a oportunidade de desenrolar un sector beneficioso para a nosa economía.
Imos usar como referencia os datos estadisticos do ano 2006 referentes a produción ecolóxica; nos cales podemos ver que inda que a situación non é moi alentadora esta a ter un aumento nestes últimos anos,(os que primeiro viron os beneficios da produción ecolóxica foron os gandeiros de carne da provincia de Lugo que vían que as súas explotacións extensivas case cumplian os requisitos para ser certificadas) e así comezou a emerxer o sector. No ano 2006 contabamos con 396 produtores, 60 empresas comercializadoras e 9623.46 ha adicadas a produción biolóxica.
As produccións mais destacadas son:
- Pastos, praderías e forraxes con 8081.83 ha.
- Montes e recoleccións silvestres con 946.26 ha.
- Froiteiras con 314.18 ha .
- Cereais e leguminosas con 100.44 ha.
- Hortalizas e tubérculos con 61.46 ha.
Pero tamén temos produción de viños, plantas aromáticas e medicinais, sementes...
No referente o numero de explotacións gandeiras a maioría delas son de vacún de carne con 72 explotacións das cales 39 están na provincia de Lugo que tamén ten 10 explotacións de vacún de leite, das cales hai en Galicia 18 explotacións. Tamén temos explotacións de caprino, ovino, avícolas, apícolas,.... ata sumar 138 explotacións gandeiras.
Como industrias elaboradoras destacan as de envasado de produtos hortícolas con 9 empresas sendo 4 da provincia de Pontevedra, as panaderías, hai 8 empresas en todo o territorio, así como 4 bodegas de viños ecolóxicos. Cunha cifra total de 36 empresas en Galicia que transforman produtos ecolóxicos. Mentres que temos 24 empresas que elaboran derivados de produción animal, sendo as mais importantes os matadoiros con 8 en toda a comunidade, e 7 de derivados lácteos.
As ultimas novas que temos son do ano 2008; e dinos que en Galicia hai 13000 ha adicadas produción ecolóxica o que supón un incremento da superficie do 25% nos últimos dous anos, e temos 5 empresas comercializadoras mais que no 2006. A produción animal supón o 80% do total de produción, e destacándose a produción de castaña con 150 Tm exportadas principalmente a EEUU, Suíza e Francia.

Por provincias destaca Ourense como a mais produtora. Lugo é, sen embargo, a provincia que conta con maior produción de hortalizas e tubérculos, igual que ocorre en "frutais, plantas aromáticas e medicinais, bosque e en reprodución de silvicultura".
Con todos estes datos podemos ver que o ecolóxico é un sector que esta en aumento, pero esta moi lonxe do seu potencial real, xa que a maioría das producións son exportadas a outros países que valoran mais os nosos alimentos ecolóxicos que nos mesmos, polo que o seguinte paso será potencializar o consumo dos nosos produtos ecolóxicos, xa que en España e en Galicia tamén o consumo de alimentos ecolóxicos so chega o 0.6% do total de alimentos consumidos. Así pois seria necesario potencializar exposicións, mercados, feiras.... nas que primen as producións ecolóxicas. Por exemplo aquí en Arzúa temos a feira de “agricultura ecolóxica” pero a súa repercusión, numero de vendas e asistentes é moi reducido.
Valorando un pouco a situación actual da nosa sociedade, con tanto estres, sen tempo para coidarnos e facer algo de deporte, os alimentos ecolóxicos poderían axudar a ter unha vida mais saudable, e o mesmo tempo recuperariamos os nosos métodos de produción mais respectuosos co entorno e co medio ambiente.
En Galicia o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica é: no cal se poden http://www.craega.es/ inscribir tódolos productores Galegos.
Para ver datos mais detallados e por provincias mira aquí:http://www.mapa.es/alimentacion/pags/ecologica/pdf/2006.pdf

PRODUCIÓN ECOLÓXICA EN ESPAÑA

O certo é que non e demasiado doado atopar datos actuais e verídicos sobre a situación de España respecto á produción ecolóxica...
En primeiro lugar, porque, como xa dixemos anteriormente, gran parte da produción é a niveis caseiros ou familiares; por outra banda, moitos dos produtos ecolóxicos aínda non contan có selo que os acredita, ben por cuestións de tempo (requírense dous anos polo menos para facer a “reconversión”) ou ben porque son produtos de outra índole á destinada a consumo directo (alimentación), tales como artesanía , cosmética...
Así pois centrarémonos mais na produción agrícola e gandeira...
Respecto a agricultura, en España deberiamos telo doado, pois contamos cunha climatoloxía favorable, e ademais habitualmente se empregan sistemas extensivos de produción...
En canto a
gandería, a conservación dun patrimonio xenético importante de razas autóctonas, e perfectamente adaptadas ó medio, favorece a súa cría e explotación por sistemas extensivos.
Todo isto sen esquecer a tradición e desenvolvemento acadados en apicultura, cuxo manexo coidadoso, posibilita ofertar produtos de gran calidade, pola abundancia e variedade da flora melífera en España.
Neste pais, seria ala polos anos 80 do século pasado, cando comezaron a xurdir persoas e organizacións adicadas a estes “cultivos medioambientais”, debido a certos escándalos alimenticios, e á médrante preocupación polo medio ambiente da poboación, moitos agricultores e gandeiros decidiron pasarse a este xeito de producir , san e sostible...
Pero non o tiveron sinxelo, pois estes aventurados agricultores, tiveron que realizar grandes cambios para sustituir os seus cultivos tradicionais polos ecolóx
icos, sobre todo para que as escasas e contraditorias (en moitos casos) leis e organismos reguladores, lles concedesen o tan prezado selo que lles acreditaría.
O elaborador, así, tiña dificultades para atopar distribuidores de materia prima que cumprisen con dito certificado de “ecolóxicas”.
E por outra banda, o destino final destes produtos, eran sobre todo tendas adicadas a un sector da poboación moi especifico, “os ecoloxistas”, pois eran xeralmente tendas de alimentación naturista, dietética,ou medicinal. Polo que os produtos non chegaban a un nº de consumidores moi amplo.
Pero pouco a pouco, co paso dos anos estas empresas se foron abrindo un oco. Xa que aquí non había practicamente demanda, comezouse a exportar a outros países de Europa; Principalmente a Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido ou Holanda... e mais recentemente incorporáronse tamén outros mercados asiáticos...
Así chegaron a acadar un volume económico moi importante, movendo o negocio ecolóxico milleiros de millóns.
Así pois o nº de produtores dende os anos 90 ó 2006 multiplicouse por mais de 6...
E as superficies cultivadas, de ser unhas 4000 ha a case o millón de ha.
Elaboradores e distribuidores xa non atopaban problemas de abastecemento, e así pasaron de ser 50 en 1991 ata os 1942 de 2006.
Poderíase dicir entón que o sector estaba en auxe, cuns mercados exteriores consolidados e en aumento.
Neste enlace poderedes atopar datos da producion ecoloxica en España do 2006:
http://www.mapa.es/alimentacion/pags/ecologica/pdf/2006.pdf
Pero os consumidores españois, desgraciadamente, rexistran o menor índice de demanda deste tipo de produtos de toda a Unión Europea, malia que o noso pais se fora convertendo nun dos principais produtores, o segundo de Europa, mais do 85% do producido exportase...
E ¿por que? ¿que pasa? ¿cales son as barreiras de entrada ás despensas españolas?
Pois unha delas, sen dubida, é o prezo, que en ocasión case duplica o do p
roduto “convencional”
A maior parte da xente xa sabemos que a alimentación ecolóxica e unha boa aposta para a saúde do planeta e para a nosa propia.
E é certo que en países como Alemaña quizás teñan mais conciencia ecolóxica , e os seus consumidores non lles importe pagar un pouco mais por un produto de calidade.
Pero non e o mesmo caso o de Alemaña que o de España, no noso pais temos menor acceso os produtos ecolóxicos( cousa irónica ¿non?) e son mais caros, o noso nivel adquisitivo e menor co alemán e ademais debemos engadir que dende o goberno realízanse poucas iniciativas para potenciar a alimentación ecolóxica nacional.
Curiosamente en España, mentres fomos vendo o enorme crecemento da produción ecolóxica (para que se o coman fora), tamén vimos igualmente, o forte incremento dos cultivos transxénicos (o ano pasado medrou case un 80% respecto ó 2006).
Danos a risa...Por non chorar, pois o goberno ponse continuamente a careta, e vai por medio mundo alabando a agricultura ecolóxica, poñéndonos como exemplo; pero na realidade, polo apoio que reciben... case diriamos que lle tiran mais os transxénicos, debido os intereses económicos que xeran.
Deixando este tema o marxe..continuamos.
Outra das barreiras posiblemente sexa que moitas persoas non saben distinguir os produtos ecolóxicos, pois non existe un logotipo común para todos eles, e isto non fai mais que confundir o cliente.

Durante bastantes anos, o sector da produción ecolóxico centrouse en potenciar o consumo no exterior, pois era o mais sinxelo e se obtiñan “bos resultados”. Pero agora, este ultimo ano especialmente,as cousas cambiaron...
Debido á situación económica actual, as exportacións descenderon considerablemente, véndose reducidas ata un 15%, dependendo da situación da “crise” no pais de destino (Exemplo: Reino Unido...)
E agora si, o sector intentara comezar a “seducir” o consumidor español, pero cremos que si o quere conseguir deberan realizar ofertas moi atractivas, pois aquí a situación económica tampouco e moi brillante.
E é realmente difícil, porque ante unha situación como esta, os prezos da comida lixo, precociñados... baixan unha barbaridade, e os consumidores so miran polo peto.
Importante para que os produtos ecolóxicos se comecen a consumir, e que os podamos atopar en calquera supermercado, en calquera estante, e non nunha sección apartada que a xente soe confundir como de dietética...

Difícil é potenciar a alimentación ecolóxica, cando nestes momentos todo xoga na súa contra...
Pero como xa dixemos anteriormente e necesario, malia os inconvintes, que empecemos a introducir artículos de produción ecolóxica nos nosos fogares, melloraremos a nosa calidade de vida, e sobre todo contribuiremos, polo menos, a non acurtar a do planeta.

lunes, 2 de marzo de 2009

A PRODUCIÓN ECOLÓXICA NO MUNDO

Pois, agora que estamos chegando o final do blog xa sabemos algo mais das alternativas que plantexamos, así que imos ver como funcionan estas alternativas no planeta:
Primeiro dicir que cremos que a produción ecolóxica non son só os produtos que se poñen a venda con certificados de produción ecolóxica, senón que nos parecen tan ecolóxicos os produtos que se producen para autoconsumo, ou para a venda en pequenas feiras ou mercados tradicionais, sempre que se produzan usando métodos ancestrais que normalmente soen ser ecolóxicos.. Deste xeito é moi difícil estimar en datos a realidade destas producións a nivel mundial dado que en moitos países subdesenrolados e outros mais ricos tamén, a xente sege a producir todos os seus alimentos nas súas fincas e hortas.
O mercado ecolóxico constitúe unha realidade que vai desenvolvéndose en todo o mundo. Os índices de medra do sector revelan que os produtos ecolóxicos van abandonando o seu nicho e empezan a ingresar moi lentamente nos mercados predominantes, tendo un aumento anual nalgunhas rexións do 20% anuais; cotas de medra que non acada ningunha outra produción de alimentos . As terras certificadas e cultivadas con técnicas ecolóxicas sobrepasan os 32.2 millóns de ha en todo o mundo. Ó mesmo tempo, unha supercifie de maior extensión e cultivada de forma tradicional, e a súa producción esta destinada ó consumo familiar ou vendese en prazas locais e feiras, esto sucede principalmente nos países en vías de desenrolo.
Un último desenvolvemento do mercado ecolóxico seria a conversión das empresas cara a agricultura ecolóxica. É un dato impresionante que Alemania conte con 17.000 empresas agrícolas ecolóxicas e Italia con case 45.000. O 6% das terras agrícolas en República Checa está cultivado con métodos ecolóxicos e en Suíza, a porcentaxe ecolóxico pasa do 10%, así no cantón mais grande “Dos Grisons” chega ó 50%. Austria ten unha porcentaxe de empresas agrícolas ecolóxicas do 13%, dirixidas por 20.000 agricultores ecolóxicos.Desenvolvementos notables rexístranse igualmente nos países en vía de desenvolvemento como Uganda, onde15.000 agricultores cultivan café ou algodón ecolóxicos, e en México onde 120.000 campesiños producen café, cacao, froitas, verduras e especias ecolóxicas, as cales poden vender a maior prezo nas cidades, pero tamén alimentos básicos para o consumo propio e a venda nas prazas locais dos pobos.O comercio ecolóxico esta collendo dimensións considerables. En EE.UU. o mercado ecolóxico acada case os 11 millóns de Dólares, e prevese que se duplique nos próximos cinco ou seis anos. En Alemana, todo o sector de alimentos para meniños vaise convertendo o sector ecolóxico, acadando porcentaxes entre 80% e 90%. Ademais, o 30% do pan producido cada día en Munich e nos seus o redores é ecolóxico e que o 30% de todo o leite de Dinamarca teñan unha certificación ecolóxica proba que o sector alimentario ecolóxico vai conquistando os mercados predominantes.
É significativo que nun país como Exipto, os productos ecolóxicos van difundíndose e ocupando posicións dominantes no mercado. A iniciativa biodinámica de SEKEM permitiu distribuír os seus productos a case 20.000 tendas de Exipto. A súa liña certificada de té e infusións ecolóxicos é o "número un" e nas vendas de Exipto. Unha demanda crecente dos consumidores rexistrase tamén en países como Arxentina, China, Xapón, Brasil, India, Polonia ou Australia. O feito é que os mercados alimentarios ecolóxicos van afianzándose cada día mais.
Reputados analistas de mercado prevén índices de medra anual do 30% cada ano, e iso significa que os mercados ecolóxicos poderían chegar ata 100 millóns de dólares nos próximos dez anos, con porcentaxes de medra mais altas en EE.UU., Europa e Xapón.
Os datos mundiais de producción ecolóxica por continentes son os seguintes: O 42% da superficie total adicada a producción ecolóxica esta concentrada en Oceanía,( tal vez influíu nesto que o precursor da permacultura, Bill Mollison sexa de Australia) onde por outra parte, o tamaño medio das explotacións é de 2.500 has, fronte a un tamaño medio mundial para estas explotacións dunhas 60 has. América do Sur co 24,2% da superficie mundial, resulta ser o segundo continente pola súa superficie adicada ó cultivo ecolóxico, concentrado en Arxentina 1,2 % da súa superficie agraria baixo cultiva ecolóxico. Europa é o terceiro continente pola superficie dedicada a cultivos ecolóxicos, co 23,2 % da superficie mundial. En cuarto lugar situase América do Norte, co 5,8 % da superficie ecolóxica mundial e, a continuación, Asia co 3,7 % da superficie mundial. Finalmente atopase África con 1,2 % da superficie total mundial. Este estudio foi feito no ano 2003 pero en novas mais recentes podemos saber que o crecemento destas producións disparouse dende aquela en África e Arxentina, ( En Arxentina, por mor da crise económica que sufriu os agricultores tiveron que prescindir dos métodos de produción moi custosos, pasándose a produción ecolóxica.¡ Haber si en España agora que estamos en crise tomamos exemplo!)
Estes datos son bastantes esperanzadores, se este tipo de produccións non se deixan influír pola maquinaria capitalista, que pode ver posibilidades de negocio nun sector en expansión, o cal remataría cas ilusións de moitos destes productores que so buscan unha forma digna de vivir no campo e do campo, obtendo uns beneficios mínimos quelles permitan seguir vivindo así. Podemos dicir tamén que nos países en vías de desenrolo a produción ecolóxica contribúe a un importante desenrolo socioeconómico e ecoloxicamente sostible, especialmente nos países mais pobres, xa que poden obter ingresos sen cambiar a súa forma de vida tradicional.

OUTRO XEITO DE VIVIR: AS ECOALDEAS

Unha ecoaldea é un asentamento humano, concibido a escala humana, que inclúe tódolos aspectos importantes para a vida, integrándoos respectuosamente no entorno natural, que apoia formas saudábeis de desenvolvemento e que pode persistir indefinidamente.
Robert Gilman
Unha ecoaldea e un proxecto de vida alternativo aos actuais modelos de asentamentos, dos que non vos imos falar moito por non repetirnos, pois xa deixamos claro noutros post que non cremos posible calidade de vida ningunha nas impersoais, agobiantes e grises cidades, saturadas, nas que os seus habitantes non saben facer nada cas súas propias mans, pois xa teñen por costume que llo dean todo feito a cambio de diñeiro, e moito menos traballar en común...
Pola contra, a das ecoaldeas e unha filosofía que se basea en compartir entre persoas e relacionarnos co entorno.
Unha ecoaldea é unha comunidade cun obxectivo/soño común, desenvolvendo actividades comúns, con espazos de encontro, actividades culturais e educativas.
As formas de traballo céntranse na agricultura e gandería ecolóxicas, as enerxías renovables, aproveitamento de bosques, bioconstruccións…
Debe de quedar claro, que cada proxecto, cada ecoaldea, e distinta da outra, cada unha terá as súas normas de convivencia, de traballo, a súa filosofía...
A Rede Ibérica de Ecoaldeas é o nexo de unión entre as diferentes ecoaldeas, proxectos de ecoaldeas, asociacións con obxectivos afíns, as persoas que queren vivir e convivir respectuosamente coas persoas e o planeta.
Os obxectivos básicos da RIE son:
" o troco de información e de recursos entre os membros da rede , outras persoas ou grupo
" a difusión do concepto de ecoaldea e asentamento sustentábel
" facilitar o achegamento das persoas que, desde aldeas e cidades, desexan apostar por estas formas de vida.
Na sua web podes atopar abundante información das ecoaldeas en funcionamento, proxectos, actividades.
Web oficial:
Red Ibérica de Ecoaldeas http://www.ecoaldeas.org/ecoaldea.htm
Máis información: Ecología y Desarrollo

CONSELLOS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE

A organización “Ecologistas en Acción” publicou unha serie de consellos para un consumo responsable; estes son:
1. Antes de mercar algo, reflexiona detidamente se realmente necesitas mercalo ou se só che estás a guiar pola publicidade.
2. Se te decides a mercar algo, asegúrate moi ben de que materia prima se fabrica, en que forma, e de si o seu proceso de manufacturación impacta ó medio ambiente e se xera algún dano ou Inxustiza social.
3. Tamén considera que impacto ó medio ambiente ten o uso do que pensas mercar.
4. Cada vez que merques algo, debes pensar nos residuos e o lixo que xera.
5. Evita os produtos de "usar e tirar", se non son estritamente necesarios.
6. Rexeita as bolsas de plástico que dan en supermercados e comercios, se podes leva a túas propias bolsas de tea, de papel ou de cartón.
7. Merca o contido e non o envase. Moitas veces pagase mais polos envoltorios que se tiran directamente ao lixo que polo contido.
8. Recicla antes que mercar, moitas das cousas que están para tirar poden voltar a utilizarse de outras maneiras e formas, usa a túa imaxinación.
9. Evita as latas e os produtos moi envasados. As fiambreiras e os tarros de cristal son unha forma mais ecolóxica que gardar os alimentos en plástico e aluminio.
10. Preferir produtos con envases retornabeis ou reutilizabeis.

COMERCIO XUSTO

Todos sabemos á perfección que neste planeta, os bens están moi mal repartidos… É irónico que por norma xeral, os lugares mais ricos en recursos naturais e materias primas, sexan os mais pobres, nos que a súa poboación “morre de fame”, nos que, o termo “calidade de vida” pasa cara un plano moi afastado, pois en primeiro lugar aínda esta “a supervivencia”.
E isto sucede porque o longo da historia, estes lugares foron saqueados impunemente, exprimidos ata esgotar os recursos en moitos dos casos, por os países que hoxe se consideran desenrolados. ¿Desenrolados? Nada mais lonxe, a nivel ético e moral aínda lles queda moito para poder chamalos deste xeito.
Actualmente quizás, non se lles roube a cara, a punta de armas, pero si mediante o actual sistema de comercio. Os produtos importados son aínda máis baratos que os que se producen aquí, a catro leiras do súper (como se pode entender?...e permitir?), e tendo en conta que a maior parte dese prezo que nos pagamos vai parar as garras dos intermediarios…¿Qué lles queda ós produtores?? Pois quédalles una miseria, coa cal non poden chegar nin de lonxe a vivir dignamente… Véndose obrigados a producir máis e máis, con todos os problemas que isto trae con si, dos que xa falamos algo anteriormente (explotación de traballadores, dos chans, monocultivos…)
Pode que vos soe esaxerado e forte, pero o certo e que nós, a nosa sociedade apodrecida e consumista, somos os peores asasinos, os mais covardes, pois sendo conscientes das consecuencias, seguimos consumindo cada vez mais, matando así a milleiros de persoas de fame, favorecendo a explotación de persoas… E todo isto, tan ledamente, mirando cara outro lado (como sempre).
A cousa require una cura urxente, pero sexamos realistas, mentres non demos nos o cambio, nos, todos aqueles que pensan -“O que eu faga non vai solucionar nada”,realmente nada cambiará.
O comercio xusto (FT, por Fair Trade) ou Comercio Alternativo (AT, por Alternative Trade) e unha forma alternativa de comercio que pode cambiar bastante á historia. As súas iniciativas baséanse en crear canles innovadores, nestes, a relación entre as partes orientase ó logro do desenrolo sostible da oferta, cara ó desenvolvemento integral, con sustentabilidade económica, social e ambiental, respectando a idiosincrasia dos pobos, as súas culturas, tradicións e os dereitos humanos básicos.

Os principios que defende o comercio xusto son:
Os produtores forman parte de
cooperativas ou organizacións voluntarias e funcionan democraticamente.
Libre
iniciativa e traballo. Rexeitar os subsidios e axudas asistenciais (de alí a frase do comercio xusto: «Comercio, non axuda»).
Rexeitar a
explotación infantil.
Igualdade entre homes e mulleres.
Traballase con dignidade respectando os
dereitos humanos, garantindo un salario xusto para os traballadores, e unas condicións de seguridade e hixiene axeitadas do lugar de traballo.
O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
Os compradores xeralmente pagan por adiantado para evitar que os produtores busquen outros xeitos de financiarse.
Valorase a
calidade e a produción ecolóxica.
Respeto ó
medio ambiente.
Búscase a maneira de evitar intermediarios,de acurtar ó máximo a cadea entre produtores e consumidores.
Informase ós consumidores acerca da orixe do produto, intentando que estes últimos tomen conciencia da cultura, a identidade e as condicións de vida dos produtores.
O proceso debe ser voluntario, tanto a relación entre produtores, distribuidores e consumidores.
É favorable á liberdade de comercio en iguales condicións, e dicir, abolir as restricións discriminatorias a produtos provenientes de países en desenrolo, dende materia prima a manufacturas ou tecnoloxías. Así evitase a
discriminación e o proteccionismo. Intenta tamén evitar as grandes diferenzas entre o prezo que pagan por un produto os consumidores do “primeiro mundo” e o diñeiro que se lles paga os seus produtores no “terceiro mundo” , ademais de evitar a explotación dos traballadores… Isto contribúe a compensar os efectos da obsesión consumista polo prezo máis barato, sen consideración ningunha das súas consecuencias.
Nada de limosnas, nin doazóns a ONGs para apaciguar as nosas conciencias, a mellor axuda que os países ricos lles podemos ofrecer ós países en vías de desenrolo e o establecemento de relacións comerciais éticas e respectuosas; debémosllo!
O certo e que nesta iniciativa, as entidades oficiais ou estatais, non fan absolutamente nada, ¿e que van facer, se a cousa lles sae moito mais rendible agora? Así funcionan as cousas, amigos, para os gobernos o diñeiro e o único que importa e manda.
Pola contra, podemos ver un pouquiño de luz , pois o Comercio Xusto esta sendo impulsado e practicado por millóns de persoas solidarias en diversas partes do mundo, e vai en aumento.
Xa hai organizacións e tendas de comercio xusto por toda Europa, Canada, Estados Unidos, Xapón … tamén se merca por catalogo…
Seguro que se buscades polo vosa cidade mais cercana atoparedes algunha tenda deste tipo.
Aínda que de todos modos, nos pensamos que tamén pode haber outros xeitos de “comercio xusto”, como mercar os produtos da zoa na que vivimos, pois se os produtos se quedan na zoa, o propio gandeiro, agricultor, artesán… pedirá un prezo xusto, o non ter necesariamente perdidas en transportes nin intermediarios.
Outras formas de comercio, a grande escala serían moi complexas de levar a practica no actual sistema capitalista ata a medula… Pero a pequena escala podemos e debemos volver atrás, ós tempos do troco (o veciño ten una finca na que se dan estupendamente os allos, na túa non se dan ,pero si as fabas, Intercambiade!). Ou os intercambios de traballos, bancos de favores…
Moitas son as ideas, pero o máis importante neste momento e que os seres humanos cambiemos os nosos hábitos de con
sumo radicalmente, axustándoos as nosas necesidades reais.
Consumir non debería ser so a satisfacción dunha necesidade, senón que debería implicar colaborar cos procesos económicos medioambientais e sociais que posibiliten o produto consumido. Por isto cada vez que merquemos algo deberíamos considerar:
· O impacto ambiental(procesos de produción, transporte, distribución, consumo e residuos que deixa o produto.
· Determinar a
pegada ecolóxica que determinado estilo de vida e consumismo producen.
· Determinar qué empresas, produtos e servizos, respetan o
medio ambiente e os dereitos humanos para preferilos fronte a outros que non cumpran cos citados requisitos.
· Plantexarse o tipo de comercio o que se desexa favorecer.
· Asegurar a calidade do produto mercado.

E feito isto, elixir a opción que conleve menos repercusións dañinas.
Realmente cremos que é posible exercer o consumo responsable, e unha vez superadas as rutinas e outras dificultades que o obstaculizan, desfrutar da mellor calidade de vida que derivan da súa práctica. Toda a sociedade debe comprender isto para que renuncie aos actuais hábitos de vida, insustentables para o planeta, cimentadores da inxustiza social, pero tamén axentes da infelicidade individual.

Se queredes saber mais votadelle un ollo a: http://www.nodo50.org/espanica/cjust.html

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você