sábado, 28 de febrero de 2009

¿A GANDEIRIA DO FUTURO?

Como xa deixamos ben claro en antigos post, a produción de orixe animal que temos hoxe en día, non é para nada correcta nin propia dunha civilización desenrolada, que en teoría debería ter certos valores éticos. Non podendo chegar a ser perdurable no tempo, por ser autodestructiva co entorno e cos propios animais, ademais; os alimentos que se producen tampouco son por norma xeral todo o sans que deberían ser...
A crise alimentaria, sanitaria, medio ambiental e sociolóxica da nosa sociedade e en especial do noso medio rural, denunciadas reiteradamente e amplamente apoiadas por numerosos estudos realizados sobre o efecto negativo dos biocidas sobre a saúde humana e a natureza, xustifican suficientemente o avance da ciencia cara sistemas de produción que preserven a saúde, a través dunha alimentación sana, o coidado do medio natural e dos seus recursos renovables e da biodiversidade..
A gandería ecolóxica caracterizada por unha xestión sanitaria dos animais baseada en procedementos non químicos, terapias naturais e métodos agrobiozootécnicos de manexo que garanten a non contaminación das cadeas tróficas medio ambientais, e os alimentos de consumo humano, en onde as razas autóctonas xogan un importante papel cando se integran no medio natural, de forma autosuficiente, participando nos seus ciclos naturais, (enerxéticos, materia orgánica, etc.), maximizando a saúde e benestar do rebaño, dous parámetros decisivos na calidade e seguranza alimentaria que definen a tódolos produtos ecolóxicos gandeiros.

Non pretendemos dicir que a gandería ecolóxica sexa a solución a tódolos problemas desta sociedade pero si aporta o seu gran de area. Nunha época na que o rural esta sufrindo un grave abandono, onde os nosos montes están cheos de mato e deteriorados por practicas abusivas. Unha carga gandeira axeitada, dentro dos terminos da gandería ecolóxica, podería ser beneficioso para recuperar a biodiversidade dos montes ademais de proporcionar alimentos saudables para a sociedade, e os animais terían unha vida moito mais digna. Pero a gandería ecolóxica non so abrangue a produción de carne, senón que calquera outra produción que saia dos animais.
Podemos definir a gandería ecolóxica como un modelo moderno de desenvolvemento sustentable, que integra ó sistema tradicional gandeiro e introduce modernas técnicas zootécnicas, de aí a importancia da investigación e a súa planificación. Neste sentido, son sistemas moi conexionados co ecosistema e constitúen a base dos mesmos; as explotacións extensivas e semiextensivas de carne/leite/ovos, apicultura, acuicultura e outras, non entrando neste contexto a produción intensiva.
Baixo esta concepción pecuaria, é unha actividade ligada á terra onde é fundamental a máxima integración da granxa pecuaria ecolóxica nos sistemas agrícola e silvopastorais tradicionais, e que os animais teñan acceso o maior tempo posible, ós pastos e espazos ó aire libre, sendo compatíbel a estabulación temporal, dependendo do estado fisiolóxico, tipo de cría, clima, etc. para protexer das inclemencias climáticas, por razóns de saúde, benestar, con uns espazos mínimos por animal regulamentados en todas as construcións en función das especies animais.
Os animais do rebaño ecolóxico deben contribuír a mellorar o chan, a biodiversidade, conservación do entorno, garantindo a calidade alimentaria, sanitaria,... Un dos grandes obxectivos da xestión e importancia da utilización de recursos autóctonos e variedades locais, ó ser as que mellores potencialidades bioecolóxicas ofrecen respecto ó ambiente, adaptación, instinto maternal, de conservación, reprodución e cría sustenble, así como resistencia a enfermidades endémicas e zootécnicas fronte a razas foráneas problemáticas no sanitario e menos produtivas.

En xeral a zootecnia ecolóxica aplica un manexo agroecolóxico e pecuario racional, adaptado ás especies e razas gandeiras, cunha cría convencional, nunca forzada, respetando ó máximo o comportamento fisiolóxico do animal.
As técnicas ecolóxicas implican axustar estritamente a densidade gandeira e presión de pastoreo a tipoloxía dos sistemas, para evitar a erosión, compactación, contaminación nitroxenada, biótica, deterioro da paisaxe, perdida de biodiversidade e problemas sanitarios, tendo sempre presente as cargas máximas regulamentadas, que sempre deben axustarse á realidade do medio no que están.
Os principios de nutrición ecolóxica levan aparellados unha alimentación non forzada e auga de calidade, axustada ás distintas etapas fisiolóxicas dos ciclos de cría, con materias primas procedentes da agricultura ecolóxica. Neste ámbito, a alimentación maioritaria estará constituída por recursos naturais, pastos e forraxes, debendo constituír estes últimos nos herbívoros alomenos o 60% da materia seca da ración (50% nos tres primeiros meses da produción leiteira) e un máximo do 40% de concentrados ecolóxicos. A diferenza, en aves de carne en fase de engorde a dieta terá un mínimo de 65% de mestura de cereais, proteaginosas e oleaginosas. A trashumáncia como elemento pastoril é compatíbel co espírito da gandería ecolóxica. O manexo alimentario permite, para previr deficiencias, o uso de vitaminas, minerais e microorganismos autorizados e naturais, sen embargo están prohibidos as estimuladores de medra, pensos medicados, hormonas, materias primas transxénicas e os seus derivados.
A reprodución tampouco non será forzada e aplicaranse métodos naturais de fecundación, estando permitida a inseminación artificial pero non a sincronización química de partos, nen transplantes de embrións.
A lactación será regulada, con leite natural para asegurar a inxestión integra de inmunoglobulinas durante uns períodos mínimos; ovino-caprino: 45 días; bovino: 90 días; porcino 55 días; coellos: 30 días; estando prohibida a utilización de lactoremplazantes.
O manexo do agrosistema implica a non utilización de biocidas de síntese química e queimas de residuos, sendo moi importante para non contaminar o territorio o reciclaxe de residuos gandeiros sólidos e líquidos, elaborando adecuados compostados antes do seu esparexemento, e incrementando os abonos orgánicas fronte os fertilizantes químicos, aínda que, ante alteracións contrastadas da fertilidade do chan, se poden autorizar estrumes inorgánicos elaborados e certificados baixo as técnicas de produción ecolóxica.
A xestión sanitaria é o grande cabalo de batalla en gandería ecolóxica; a base e o obxectivo do modelo ecolóxico, é manter a saúde a toda costa, e garantir o benestar animal, como principio básico para obter producións de alta calidade. Neste contexto, os programas sanitarios susténtanse nunha medicina preventiva e control dos procesos fisiopatolóxicos.
Os fundamentos sanitarios implican unha prohibición dos tratamentos de síntese química preventivos (bolos antiparasitarios, implantes cutáneos, pensos medicamentados, ...), sendo obrigatorio o estabelecemento dun período de espera o dobre de longo respecto ó do medicamento convencional veterinario, para que os organismos depuren os restos dos tratamentos antes de por os produtos a venda.
Sen embargo o control de patoloxías debe realizarse con un manexo sanitario do agrosistema (rotacións, compostados, conservación de forraxes rastrillados de feces, alternativas de cultivo, etc.), e biozootécnico como é o pastoreo rotacional ou racional fronte o sobrepastoreo para darlle os animais, pastos limpos de parasitos ligados ao pasto.
A saúde e producións de calidade están moi conexionadas co benestar, e nesta materia o manexo debe implicar o maior respecto ás condutas, comportamentos das razas e integridade física dos animais. En efecto, están prohibidas as mutilacións con carácter sistemático (corte de rabos, orellas, anillado de porcino, corte de bicos e calquera outro trauma ou lesión), así como non é admisíbel atar permanentemente os animais ou metelos en cubículos, sendo básico previr o estres, aplicando manexos non agresivos, nin bruscos, sempre polo mesmo operario, á mesma hora, respectando as costumes dos animais, e mantendo unhas adecuadas condicións de habitabilidade e unhas dimensións nas estabulacións tanto en espazos pechados como ao aire libre.

Finalmente a bioseguridade, coas medidas correspondentes de hixiene, para previr a entrada de axentes bióticos, sendo necesario reconsiderar certas actuacións da sanidade administrativa actual, como é a recollida obrigatoria de cadáveres, sendo mellor habilitar comedeiros apropiados, e así favorecer o mantemento de algunhas poboacións silvestres, voitres e outros carnívoros, que hoxe ven ameazada a súa supervivencia por falta de animais mortos no medio natural.
En definitiva, o modelo ecolóxico gandeiro ten a capacidade, nun futuro próximo (esperemos), de cumprir os compromisos medio ambientais e alimentarios que tanto urxen, e que debemos exixir con mais forza nos próximos anos. Ademais, a gandería ecolóxica fomenta e estimula o asentamento de poboación no medio rural, así como combinada ca agricultura ecolóxica axuda a creación de comunidades autosuficientes. Tamén é a que mellor responde ós obxectivos do desenvolvemento sustenble, e conservación do patrimonio biolóxico e cultural de cada rexión, que en realidade é o mellor legado que deberiamos transmitir as futuras xeracións.

jueves, 26 de febrero de 2009

A OUTRA AGRICULTURA

Posto que xa vos contamos anteriormente a enorme problemática que trae con sigo a agricultura actual, para a saúde das persoas e sobre todo para o medio ambiente, queremos propoñer o que nos parece a alternativa ou solución… A agricultura ecolóxica:

Trátase dunha forma diferente de enfocar a produción agraria, baseada no respecto ó entorno e en producir alimentos sans da máxima calidade e en cantidades suficiente. Iste sistema agrícola evita ou exclúe o uso de produtos químicos así como de material xenético modificado. O seu eixe principal é unha planificación a longo prazo do manexo do chan, o que inclúe un plan de rotación de cultivos, incorporación de M.O. (maleza e estercos ), uso de cultivos de cobertura e abonos verdes, axeitadas prácticas de labranza e conservacións de chans e auga, control biolóxico de pragas, utilización de fertilizantes ecolóxicos, reciclaxe de nutrientes, diversificación da produción, e conservación do medio ambiente...
Utiliza como modelo á mesma natureza, extraendo dela toda a información posible, isto unido ós actuais coñecementos técnicos e científicos, pode dar uns excelentes resultados.
Obxectivos básicos da agricultura ecolóxica:
Segundo a Federación Internacional de Movimientos de Agricultura Orgánica (“IFOAM”) http://www.ifoam.org/ resúmense en:
- Producir alimentos de alta calidade nutritiva en suficientes cantidades.
- Traballar cos ecosistemas en lugar de querer dominalos (de xeito que non produzan impactos ambientais negativos).
- Fomentar os ciclos bióticos dentro do sistema agrícola, que abrangue microorganismos, fauna e flora do chan, as plantas e os animais.
- Manter e aumentar a longo prazo a fertilidade dos chans.
- Emprego dos recursos renovables locais nos sistemas agrícolas.
- Reciclaxe de nutrientes minerais e materia orgánica.
- Manter a diversidade xenética do sistema agrícola e do seu entorno, incluíndo protección de hábitats de plantas e animais silvestres.
- Lograr coas prácticas desenroladas no proceso produtivo, un ingreso económico familiar e comunal satisfactorio.
- Non incorporar ós alimentos sustancias ou residuos que resulten prexudiciais para a saúde ou termen a súa capacidade alimenticia.
O certo é que é difícil expoñer de xeito breve a cantidade de beneficios que nos reportaría este sistema:
Beneficios sociais:
E máis; nesta época que a xente chama crise... A produción ecolóxica require moita man de obra, co que se xeraría moitísimo emprego, principalmente no rural. Isto implica un dobre beneficio, pois tamén se recuperaría a cultura agrícola tradicional co seu profundo coñecemento dos procesos naturais, das variedades e razas apropiadas ás condicións de cada zoa e o aproveitamento íntegro e sostible dos recursos naturais. Non estamos a dicir que o bo fose voltar ó pasado, senón saber mesturar os coñecementos tradicionais cos modernos na súa xusta medida.
Beneficios á saúde:
Numerosos estudios amosan que os produtos producidos mediante agricultura ecolóxica teñen un valor nutritivo ata 6 veces maior, que os enchidos de química (para aumentar o tamaño, e aditivos para que teñan “mellor” aspecto), que podemos atopar no super, e son todo auga. Certo que os froitos de cultivo ecolóxico poden ser mais irregulares en forma , tamaño e cor; pero tamén, que son indudablemente mais sanos, saborosos e cun mellor aroma. Ademais consumindo este tipo de alimentos asegurámonos non inxerir ningún tipo de residuo tóxico.
Beneficios ecolóxicos:
Substituíndo o uso de produtos químicos (que terminan sempre nos chans, augas ou estómagos e pel de calquera ser vivo) por medios como a asociación de cultivos e outros insecticidas naturais. Labrando só o necesario para evitar erosións; empregando só cultivos autóctonos e variados e non monocultivos; reducindo a esaxerada mecanización das explotacións co conseguinte aforro de enerxía…………
Deste modo é indudable que os danos ó medio ambiente reduciríanse considerablemente, ata chegar a ser mínimos, podéndolle legar ás seguintes xeracións os recursos e terras, polo menos, en proceso de recuperación.
Beneficios económicos:
A longo prazo reflectiríase un notable aforro enerxético, ademais os chans, ó non ser esquilmados poderían seguir producindo indefinidamente. As zoas rurais enriqueceríanse e revaloraríanse grazas ós produtos locais sen necesidade da grandísima importación actual.
Démonos conta de que co actual sistema agrícola non chega para alimentar a tódalas persoas do mundo senon que somos uns poucos os que malgastamos os alimentos grazas o suor e o traballo dos que os producen, e ademais ten unha brutal dependencia no terreo enerxético das grandes empresas multinacionais, que xa se teñen repartido o pastel dos recursos naturais, así explotan libremente os agricultures pagandolle cantidades ridiculas por producir os alimentos. A liberdade e autonomía tan proclamados polos nosos partidos políticos, tanto do individuo como da comarca, ou do país enteiro quédanse en pouco máis que papel mollado.
Problemas importantes á hora de que a agricultura ecolóxica saia adiante son a desidia xeral da poboación, ademais das “brillantes solucións” que ofertan os gobernos nos seus programas políticos, que non soen durar máis de catro ou cinco anos, xa que a súa preocupación é máis a incidencia electoral ca ningunha outra cousa.
Outro importante problema é a dificultade de conseguir sementes biolóxicas. Poucos agricultores ecolóxicos consideran hoxe en día que empregar sementes biolóxicas sexa unha cuestión primordial. Que importancia ten a orixe das sementes se o cultivo se realiza sen ningún tipo de tratamento? A planta que obteñamos será igualmente sans e equilibrada. É certo, pero ¿Podemos apoiar á vez á agricultura biolóxica e ás grandes multinacionais produtoras de semente que producen sen ningún tipo de respeto polo medio ambiente? A produción de sementes é unha das actividades agrícolas máis contaminantes que existen, pois coa escusa de que as plantas non son para o consumo humano úsanse grandes cantidades de abonos, pesticidas, defoliantes e hormonas.
Parécenos incrible que o regulamento europeo permita a utilización deste tipo de sementes. Ademais non recolle a obriga de utilizar variedades autóctonas, e aínda que prohibe o uso de transxénicos, non ocorre o mesmo coas variedades híbridas.
O catálogo nacional de sementes é unha arma de dobre fío, pois todo o que non aparece nel non pode ser comercializado na unión europea, e por tanto “non existe”. Este sistema non permite que moitas variedades locais poidan ser comercializadas de xeito legal, así os agricultores vense obrigados a mercar esas sementes producidas polas multinacionais cando nin sequera se axustan ás condicións do lugar onde serán implantadas, ou senón producir as súas propias sementes, o que non sempre é doado.Deste xeito, unha agricultura que ,en orixe, procura unha total independencia acabase vendo obrigada a depender dos “monstros” da agroquímica.
Actualmente, en España dispoñen de semente biolóxica tres empresas:
Semillas Silvestres S.L.: informacion@semillassilvestres.comC.P.B.
Central de produtos biolóxicos: comercial@cpbio.com
Debido ó rápido e enorme crecemento tecnolóxico acadado nas ultimas décadas, o home moderno foi alimentando a ilusión de deixar de depender do medio natural… Nada mais lonxe da realidade. De feito ou nos decatamos xa de que a cousa non vai ben, ou estes problemas non terán solución.

martes, 24 de febrero de 2009

A ENERXÍA

Quizás o momento mais decisivo da humanidade foi o descubrimento do lume, conseguindo así transformar enerxía por primeira vez, de forma artificial. Dende entón a enerxía foi un dos elementos indispensables na satisfacción das necesidades cotidianas de toda forma de organización social.
O longo da historia estas enerxías usadas polo home foron evolucionando e cambiando. Os primeiros sistemas enerxéticos utilizados dependían dos fluxos naturais de enerxía da forza animal e humana mediante calor, luz e traballo. Posteriormente transformaron as arbores en enerxía luminosa e calorífica. Co paso dos anos, e o aumentar a nosa dependencia da enerxía, fomos descubrindo novas fontes, algunhas naturais como o vento (muíños de vento), solar ( os pobos construíanse en lugares soleados para aproveitar a radiación solar) e da auga ( muíños de auga), e outras moitas procedentes de combustibles que no seu proceso de transformación contaminan o ambiente e son finitas.
Por exemplo en España a estrutura de xeración de enerxía no ano 2007 era o seguinte; carbón 23%, fuel/gas 4.7%, ciclo combiando22.3%, nuclear 20%, Hidráulica 8.2%, eólica 7.3% e outras 14.5%. Tendo un 17% de procedente de enerxías renovables.
As fontes de enerxía pódense dividir en dous grandes grupos renovables e non renovables:
Enerxías non renovables:
Son combustibles fósiles que non se repoñen unha vez esgotados xa que necesitarían miles de anos de evolución para formarse. Dentro delas podemos citar o petróleo que é a enerxía da que mais depende a humanidade nestes intres, o gas natural, o carbón , o uranio do cal se opten enerxía mediante a fisión nuclear e xera residuos radioactivos que necesitan miles de anos para deixar de ser tóxicos. A parte de que todas elas producen residuos na súa transformación tamén degrada o medio ambiente para extraelas do solo.
Enerxías renovables:
Son enerxías que están de auxe hoxe en día por que a industria, gobernos, e outros estamentos de considerable poder que se enriquecen a costa do consumo de enerxía decatáronse de que os combustibles fósiles estanse esgotando, polo cal teñen que buscar outras formas de encher os seus petos. Deste xeito algo tan nobre como mellorar o noso entorno e coidar o planeta estase utilizando con fins puramente económicos, contribuíndo así a destrución de fermosas montañas para construír parques eólicos, destrución de ríos e vales fluviais para construír centrais hidroeléctricas, alterando a beleza dos desertos con grandes extensión de placas solares,... así podemos dicir que os grandes e verdadeiros percusores das enerxías renovables son as persoas de a pe, que conscientes do problema e o custo da produción de enerxía están a construír as súas casas, empresas,... suministrandose eles mesmos a enerxía de forma independente e por medio de enerxías renovables.
Dentro das enerxías renovables temos bastantes opcións:
Enerxía hidráulica:A enerxía potencial acumulada nos saltos de auga pode ser transformada en enerxía eléctrica. As centrais hidroeléctricas aproveitan a enerxía dos ríos para pór en funcionamento unhas turbinas que moven un xerador eléctrico. Sen embargo a construción de grandes presas hidroeléctricas xeran serios impactos ambientais e sociais xa que asolaga as terras que menos transformadas estaban pola man do home, polo tanto as que mais potencial medioambiental teñen, ademais hai que desaloxar as persoas que levan séculos vivindo nas ribeiras dos Riós supoñendo un gran custe emocional o ver como queda somerxida baixo as augas gran parte da súa vida e dos seus soños. Por estes motivos países con mais conciencia ecolóxica que o noso están apostando por desmantelar estas grandes presas mentres en España seguimos construíndo mais e mais centrais eléctricas. En España utilizase un 15 % desta enerxía para producir electricidade.
A bioenerxia: É a enerxía contida nos produtos vexetais e animais (incluíndo os desfeitos orgánicos) que pode ser capturada e almacenada como enerxía química. Dela pódese obter biocalor, bioelectricidade e bioenerxia. Este tipo de enerxía pode ser prexudicial para o ser humano dado que para producila en cantidades industriais seria necesario transformar gran cantidades de bosques en plantacións produtoras de biomasa, ou senón adicar as terras produtoras de alimentos a produción de biomasa co que dispararía o prezo dos alimentos a nivel mundial. Unha boa maneira de aproveitala é mediante a fermentación dos residuos orgánicos procedentes do lixo, ou dos residuos agrícolas e forestais que normalmente se queiman.
Enerxía solar: A radiación solar que se recibe na superficie terrestre pode converterse en calor, electricidade ou enerxía mecánica mediante diversos métodos; secado de produtos agrícolas, refrixeración de produtos perecedoiro, desalinización da auga, quentamento de fluídos, produción de electricidade,... Algunhas desta formas de aproveitar a enerxía solar non precisan ningún mecanismo para transformala, mentres que outro precisan placas solares que recollen a radiación solar e transfórmana almacenándoa en acumuladores. Esta é unha enerxía totalmente limpa que si se explota con moderación e unha boa opción para moitos países que reciben gran cantidade de radiación solar e desperdiciala seria unha temeridade.
Enerxía eólica: O quentamento non uniforme da atmosfera e da superficie terrestre debido a radiación solar, resulta na distribución desigual da presión na atmosfera, o que xera o movemento das masas de aire, e dicir o vento. Cando o vento fai xirar as grandes aspas conectadas mediante un eixo a un xerador de electricidade, a enerxía cinética producida convertese en enerxía eléctrica. Esta forma de producir electricidade ten bastantes incombintes; contaminación visual e acústica, transformación dos sistemas montañosos ou zoas costeiras, e causa gran mortaldade de aves, pero si se aproveita de forma racional pode ser unha boa alternativa.
Enerxía xeotérmica: O interior da Terra está constituído por magma e materia incandescente, a unha profundidade de aproximadamente 6.370 Km. Dado que a temperatura da superficie é moito menor, este calor tende a saír o exterior de forma natural. A aplicación desta enerxía geotermica pódese facer de diversas formas: Por medio de bombas de calor que a almacenan e a transforman, quentamento de espazos e invernadoiros, cultivo de peixes, crustáceos e algas, baños termais, produción de aire acondicionado por absorción,... Nos próximos anos teremos que perficionar a maneira de obter este tipo de enerxía renovable con grandisimas posibilidades.
Enerxía oceánica: A enerxía do océano manifestase polo menos de dúas formas; mecánica e térmica. A enerxía mecánica presentase nas mareas e as olas mentres que a térmica e devida a que os océanos cubran mais do 70% da superficie terrestre, sendo así os colectores solares mais grandes do mundo. Estas son formas de enerxía que están en proceso de investigación e a súa transformación en enerxía eléctrica inda esta pouco estudada pero realmente teñen un gran potencial.
Enerxía do hidroxeno: O hidroxeno é o elemento químico gaseoso mais abundante no universo, o queimarse solo produce enerxía e auga, polo que é o combustible mais limpo que existe. Sen embargo non se usa como tal, pero si ten múltiples usos na industria non enerxética. O hidroxeno é un portador de enerxía producíndoa a partir da disociación da auga en electrolizadores, ademais de almacenar esa mesma enerxía. O perfeccionamento da tecnoloxía do hidroxeno esta en marcha, e recibe gran atención a nivel mundial sendo unha fonte de enerxía renovable con moitas posibilidades de futuro.
Estas son as formas mais comúns de obter enerxías limpas, supoñemos que dentro duns anos o abanico será moito mais amplo, xa que a ciencia esta investigando bastante en este sentido, e seria de gran importancia que o custo das construción e das instalacións necesarias para producir enerxía de forma particular se abarate nos próximos anos, de xeito que cada casa, cada fabrica, e cada instalación teña os seus propios medios de producir enerxía limpa, deste xeito frearíase o negocio da produción de enerxía e tódalas instalacións serian auto suficientes. Tamén seria necesario que os artefactos e maquinas necesarias para producir a enerxía se integren o mellor posible ca arquitectura e co ambiente de cada zoa evitando así no posible os impactos visuais e acústicos. Pero o principal seria reducir o consumo irresponsable que estamos a facer da enerxía.
Esperemos entón que dentro duns anos todo isto sexa unha realidade, que desaparezan do mercado os combustibles fósiles, que os humanos sexamos capaces de adaptarnos a cantidade de enerxía producida de forma limpa e non ter que adaptar a enerxía as nosas necesidades, os nosos entoxos, vicios e malos hábitos enerxéticos. Tal vez conseguindo isto, consigamos dar un xiro as nosas vidas e teñamos un furo mais prometedor ou polo menos mais san; con menos contaminación, e freando así o quentamento global o cambio climático e outros problemas que nos afectan derivados da obtención de enerxía co custo que sexa.

martes, 10 de febrero de 2009

¿Que é a permacultura?

Buscando información na rede, o certo e que vos pode parecer mais que una forma de vida, un negocio sen mais… Pois en case tódalas paxinas existentes tan so se vende a información, cursos ,construcións.. (todo co importe o lado)
Si se quere que un sistema como o da permacultura saia adiante, compre que todo o mundo poida acceder a calquera información de xeito sinxelo e gratuíto… De feito se so o chegan a poñer en marcha uns poucos, apenas se conseguirán resultados.
Neste
planeta esquilmado, a maior parte da poboación non quere (ou non se lles deixa) abrilos ollos, e cambiar as actuais condutas, e os patróns de produción e consumo; A permacultura, deixando o marxen os aspectos filosóficos e espirituais, oferta certas solucións ós actuais problemas no mundo,empregando a ecoloxía como base para estudar, deseñar e realizar sistemas perdurables, funcionais, sostibles e integrados que sosteñan os asentamentos humanos e os ecosistemas naturais.

Nos anos 70, Bill Mollison e David Holmgren acuñaron o termo Permacultura, referíndose a unha agricultura (principalmente) perdurable e sostible, a “ un sistema integral e que se desenrola a si mesmo, contituido por cultivos plurianuais ou que se reproducen de xeito natural, por animais útiles para o home e para o propio sistema, e polo habitáculo humano; en definitiva,un ecosistema estable e autorregulado”.
É unha agricultura enchoupada pola filosofía (do Non Facer) do xaponés
Masanobu Fukuoka:
“Traballar ca terra, non contra ela”. Sustituir a pregunta “¿Qué podemos esixirlle a terra?” por “¿Qué me pode dar a terra?”.
Traballar en harmonía con ela e lograr unha produción lóxica e permanente.
En principio, antes de que se divulgara por todo o mundo, foi ideado co fin de proporcionar ideas ós grupos con moi poucos recursos económicos, pero moita man de obra, que querían instalarse no campo australiano, autoabastecendose …Pois Bill era nado en Tasmania (Australia).
A permacultura esta inspirada na
observación e imitación dos sistemas
naturais, xunto coa sabiduria ancestral de moitas antigas practicas de manexo da terra de todo o mundo, principalmente culturas indíxenas, e o saber científico.
O obxectivo e cons
eguir unha ecoloxía “cultivada”,e dicir deseñada para producir mais alimento do que atopariamos naturalmente na natureza, e aproveitar do mellor xeito posible tódolos recursos dispoñibles, para satisfacer as nosas necesidades.
Pero non so se trata de conseguir alimento… senón de que
as persoas traballen xuntas
e coiden unhas das outras. Por tanto non so trata de cultivos, senón que e tamén un xeito de vida que conten certos principios éticos.
En definitiva, unha nova forma de apoiar e enriquecer as nosas vidas sen a degradación ambiental e social dos nosos sistemas, e unha vía para alcanzar a sostenibilidade ecolóxica do planeta.
Istes son algúns dos principios básicos da permacultura:
-Coidala terra: Tanto as cosa viventes como as non viventes; solos, plantas, atmosfera, bosques, microhabitats, animais e augas. Esto implica a realización de actividades inofensivas e restauradoras, a conservación activa, e o uso ético e frugal dos recursos. Traballar ca natureza e non contra ela.
-Coidala xente: Que a xente e as comunidades se axuden entre si. Si podemos satisfacer de xeito simple as nosas necesidades básicas, non compre facer practicas destrutivas a gran escala contra a terra.
- Reparto equitativo dos recursos.
-A ecoloxía inclúe a humanidade.
- Deixar nas mesmas ou mellores condicións todo o que tocamos.
-Converter os problemas en oportunidades
… Desfeitos en recursos.
-Todo afecta a todo: Nun ecosistema tódolos elementos están conectados entre si, un cambio nun, poderá ter consecuencias no outro, nos debemos usar esto o noso favor.
-Coller so o necesario.
Saber parar cando se teña o suficiente.
-Cooperación en lugar de competencia.
-Mellor observar,
pensar e investigar que traballar sen necesidade.
Para os que os interese o tema, aquí vos deixamos o temario dun curso .


O DESENROLO SOSTIBLE

O sistema económico baseado na máxima produción, o consumo, a explotación ilimitada de recursos e o beneficio como único criterio da boa marcha económica é insostible. Un planeta limitado non pode subministrar indefinidamente os recursos que esta explotación esixe. Por isto é necesario que o seguinte paso da evolución do ser humano sexa ir cara un desenvolvemento real, que permita unha vida que realmente nos satisfaga, pero compatíbel cunha explotación racional do planeta que coide o ambiente. É o chamado desenvolvemento sostible.
A mais coñecida definición de Desenvolvemento sostible é a da Comisión Mundial sobre Ambiente e Desenrolo (Comisión Brundtland) que en 1987 definiu como:

"o desenrolo que asegure as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para enfrontarse ás súas propias necesidades".
Estas palabras tan acertadas e correctas, deberían ser o eixo principal polo que se rixan tódalas filosofías de vida en este planeta, tanto a nivel dos cidadáns como dende os estamentos públicos. A ninguén lle debería estrañar de que fose así. Pero cando afrontamos a realidade ou saímos a rúa é ben distinto.
O desenrolo sostible fundamentase en tres vertentes: a ambiental, a económica e a social, que deben abordarse politicamente de forma equilibrada e conxunta.
A incapacidade da especie humana para
vivir en harmonía co planeta, a grande interacción entre o home e o sistema natural, son os grandes problemas mediambientais de hoxe. Até os nosos días, ninguna especie, excepto o home, conseguiu modificar tan substancialmente, en tan pouco tempo, as características propias do planeta.
A maioría dos problemas que tódolos expertos ven para que o desenrolo sostible sexa unha realidade, parten do funcionamento do
actual sistema económico. O modelo hoxe dominante é aquel que di; que a economía vai ben cando medra o produto interior bruto (PIB). Este modelo non ten en conta canto custa á colectividade en termos ecolóxicos e sociais a medra dun punto do PIB. Non ten en conta que a capacidade de medra económica é finita, nin tampouco ten en conta as limitacións do sistema natural que están a levar ó planeta ao infarto ecolóxico.
O PIB é a vaca mais sagrada de todas as vacas sagradas da economía. O PIB mide o valor das mercancías producidas. “Canta mais produción, mais medrará o PIB; canto mais medre o PIB, mellor viviremos e mais riqueza haberá” ou isto é o que nos fan crer. A perversión do sistema vixente de contabilidade pode chegar a extremos insólitos. É o caso do gravísimo terremoto de 1994 en Kobe (Xapón). Alguén con autoridade pronosticou un impacto positivo coa reconstrución da zona de Kobe no produto interior bruto xaponés. O cabo de poucos días comezou a subir a bolsa de Tokío. Temos un sistema de medida que permite afirmar que é bo para a economía que haxa traxedias. Sen ir tan lonxe, aquí na casa, o "sistema" establece que os accidentes de tráfico teñen globalmente un impacto positivo na economía do país, posto que dan traballo a aseguradoras, a mecánicos, a médicos, a funerarias, etc.
A sociedade que somos todos os que habitamos este planeta, é o terceiro vértice para facer factible un desenrolo sostible, e tal vez o mais importante pero tamén o mais manexable. Vivimos nunha sociedade onde se valora as persoas pola riqueza e a posición social que teñen. Onde se premia os que acumulan riqueza en detrimento dos que a perden. Onde se nos di; que para ser feliz temos que ter gran cantidade de posesións e enseres, inda que despois non teñamos tempo a disfrutar deles. Onde todos podemos vivir sen ningunha carga de conciencia vendo morrer de fame os nosos semellantes. Onde se nos fai ver que o home civilizado esta fora da natureza e polo tanto non nos afectan as súas leis. Onde o éxito da humanidade pasa polo control da natureza... Todo isto inculcásenos dende pequenos nas escolas, nas casas, nos traballos ...polo tanto é difícil, en especial para o home de occidente, civilizado e rico; ver que poida haber outra maneira de vida, a cal nos faga ser mais persoas e polo tanto mais felices.
Unha vez analizadas as causas, é necesario dar un
xiro radical a toda esta sociedade de consumo, industrias e gobernos, para poder dar outro paso adiante na evolución e asegurar o futuro das xeracións vindeiras.
Organismos internacionais como a ONU xa están advertindo da urxente necesidade de frear este proceso suicida no que estamos embarcados, propoñendo estratexias para camiñar na dirección do desenrolo sostible. O problema é que a súa capacidade de acción é moi limitada, estando suxeitas tódalas súas decisións os
intereses particulares dos países mais ricos que vetan calquera iniciativa que poida frear a o seu desenrolo económico. Así iniciativas como as enerxías renovables ( enerxía do vento, enerxía solar,...) están sendo manipuladas e sobreexplotadas, vendéndonos unha preocupación e interese por facer un mundo mais limpo, cando o único fin que ansian e enriquecer as súas empresas.
As estratexias que nos permitan acadar un desenrolo sostible deben servir de catalizador ante a opinión pública e os responsables políticos.
Os
principios básicos desta estratexia poderían ser os seguintes:
- Promoción e protección dos dereitos fundamentais das persoas.
- Soliradidade internacional.
- Garantir unha sociedade aberta e democrática.
- Garantir a igualdade entre homes e mulleres e entre as distintas razas.
- Participación dos cidadáns a nivel político.
- Coherencia e integración das políticas.
- Aproveitar a evolución científica para frear a explotación de recursos.
Para
levar a practica estas ideas seria necesario que tódolos países camiñaran cara a autosuficiencia enerxética e alimentaria deixando de lado a importación e exportación con fins económicos. Promover a creación de comunidades autosuficientes e limpas que non teñan como fin o crecemento económico, senón o cultural e social co único interese de vivir dignamente e en harmonia ca natureza. Limitar a contaminación dos transportes polo cal é necesario reducir tódalas exportacións e importacións innecesarias.. Frear os desequilibrios entre as distintas nacións, onde as mais ricas axuden as mais pobres. Frear a perdida de biodiversidade mundial. Reciclado e reutilización de tódolos materiais utilizados, deixando progresivamente de usar produtos que xeren residuos contaminates. Educar a sociedade, fomentando así un cambio de ideoloxía mundial na que sexamos moito menos consumistas. En definitiva non explotar mais rápido do que a natureza poda restituír o explotado. E para controlar que isto se cumpra; crear organismos mundiais que velen polo cumprimento de tódalas normas impostas. Todos estes obxectivos serian a conseguir a longo prazo pero habería que comezar xa.
Outras alternativas mais radicais propoñen un desenrolo económico cero, paralizando toda explotación de recursos non renovables voltando así o momento en que rompemos o equilibrio ca natureza, postura que podería ser bastante correcta pero tería unha complexa instauración nunha sociedade tan capitalista como a nosa, polo cal a súa viabilidade seria bastante dudosa sen un proceso de cambio a longo prazo.
En definitiva, sexa de unha ou de outra forma, é necesario frear esta loucura na que estamos inmersos se non queremos levar a nosa especie a extición
.

lunes, 2 de febrero de 2009

Transxénicos

Cenorias con xenes de tomate, tomates con xenes de cabaza ou cogombros con xenes de cenoria.
Produtos como estes copan os nosos supermercados e as nosas despensas, sen que apenas nos demos conta.( actualmente estase investigando con xenes de vaca en plantas de soia, con xenes de avelaiña en mazá e incluso con xenes de rata en leituga…)
Son os transxénicos: pr
odutos modificados xenéticamente.
Un transxénico é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando seus xenes. As técnicas de enxeñería xenética consisten en aislar segmentos do ADN (el material xenético) de un ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e incluso humano) para introducilos no material hereditario de outro. Por exemplo, o millo transxénico que se cultiva en España leva xenes de bacteria que lle permiten producir unha sustancia insecticida.
A diferenza fundamental coas técnicas tradicionais de
mellora xenética é que permiten franquear as barreiras entre especies para crear seres vivos que non existían na natureza. Tratase dun experimento a gran escala baseado nun modelo científico que, o noso entender, está en entredito.
Os transxénicos producen importantes efectos tanto no entorno biofísico como nas relacións socioeconómicas; e tampouco sería completo si se omitiran os xogos de interese comercial, político e económico que trae consigo esta tecnoloxía, onde a ética, as relacións comerciais entre países, a saúde da poboación, os patróns de consumo e a globalización entran en xogo para definir os modelos de agricultura. O modelo transxénico é a continuación da REVOLUCIÓN VERDE (orixinada na metade do século XX en E.U.), que foi exportado ó planeta enteiro polos seus tremendos éxitos no incremento da produción agrícola.

O comezo certos científicos decatáronse do enorme potencial futuro que ofrece a manipulación xenética, o negocio pasou a mans das compañías transnacionais que dominan os mercados mundiais de sementes e de agroquímicos; na actualidade só sete de esas compañías acaparan o mercado mundial de sementes transxénicas. Este mercado apoiase na obtención de patentes e no cobro de dereitos sobre a utilización de sementes, o que empaña o futuro do ilustre campesiño, ó permitir que as sementes que el fai xerminar teñan dono absoluto; por tanto este modelo está ó servizo das compañías transnacionais e non ó dos campesiños.
Os defensores deste modelo de modificación xenética presentan as plantas transxénicas como parte "dunha estratexia que diminuirá a fame no mundo” incluíndoa nos modelos de agricultura sostible"; Pero o certo é que entidades como Nacións Unidas sinalaron ós cultivos transxénicos como un dos factores clave na crises alimentaria mundial, a cal engadiu este año 100 millóns de persoas más ó grupo dos que pasan fame.
Como xa dixemos os transxénicos reforzan o control da alimentación mundial por parte dunhas poucas empresas multinacionais. Son unha das armas predilectas de estes ditadores da alimentación, e lonxe de constituír un medio para loitar contra a fame, aumentan os problemas alimentarios. Os países que adoptaron masivamente o uso de cultivos transxénicos son claros exemplos dunha agricultura non sostible. Nalgúns países (Arxentina por exemplo), a entrada masiva de certos
produtos transxénicos (soia) exacerbou a crises da agricultura cun alarmante incremento da destrución dos seus bosques primarios, o desprazamento de campesiños e traballadores rurais, un aumento do uso de herbicidas e unha grave substitución da produción de alimentos para consumo local.
Se ben e certo que nunca antes na historia da humanidade habíanse producido máis alimentos per-cápita que na actualidade, tamén e certo,que nunca antes habíanse elevado os índices de mortes por obesidade nos países desenrolados, e de mortes por inanición en los países pobres.
O problema da fame non se resolve a punta de tecnoloxía senón de xustiza social e equidade, requírese o desenrolo de tecnoloxías, pero sostibles e xustas, o acceso a os alimentos e o emprego de técnicas como a agricultura e a gandería sostible.
Por outra banda os riscos sanitarios a longo prazo dos transxénicos pres
entes na nosa alimentación o na dos animais cuios produtos consumimos non se están evaluando correctamente e o seu alcance segue sendo descoñecido. Incluso a UE é incapaz de predicir os efectos a longo prazo de estes perigosos cultivos.”. De momento, o que si se sabe, é que poden provocar perigosas alerxias. A inmunidade a certos antibióticos, a aparición de novos tóxicos e efectos inesperados son algúns dos riscos.
Máis alá das consecuencias sobre as persoas, os cultivos transxénicos non poden coexistir cos cultivos tradicionais xa que é imposible controlar a polinización, e ó final incluso, os cultivos chamados “biolóxicos”, vense contaminados. (Según un estudio da Confederación de Cooperativas Agrarias de España, CCAE en 2004 o 50% dos cultivos de Aragón estaban contaminados).
E non so por iso senón que estupendos cultivos tradicionais, froitos de séculos de seleccións dos labregos , para consumo local , agora están quedando desprazados por enormes extensión de monocultivos(con todo o que estes implican) tranxénicos, (nos que se empregan moitos produtos tóxicos, ó contrario do que din as empresas que os promoven, co conseguinte dano para o medio ambiente e a saúde.) xeralmente para exportar e producir biocombustibles…
Somos o único país da Unión Europea que cultiva transxénicos a gran escala, en 2006 cultiváronse unhas 53.000 hectáreas de millo modificado con xenes de bacterias. Galicia ten un gran potencial na produción de millo, sendo un dos maiores produtores de España. Estas características climáticas tan bondadosas para a produción de millo tamén as aproveitan as grandes multinacionais da produción de millo transxénico; así dende febreiro do ano pasado somos o campo de ensaios dunha empresa Norteamericana que sementou a variedade transxénica Bt-MON 810, as cales foron sementadas en concellos eminentemente agrícolas como; Lalín, Castro de Rei, Val do Dubra e Touro, todo isto co consentimento de quen nos goberna.
Pero non so se produce, senón que a España chegan uns 6 millóns de toneladas de soia, das cales aproximadamente o 66% é transxénico, e un millón e medio de toneladas de millo, que foron cultivados en países que optaron polo uso masivo de transxénicos (e non esta de mais saber que dous terceiras partes dos alimentos que inxerimos conteñen derivados de soia y de millo.)
Dende o 18 de abril de 2004 tódolos alimentos (agás os produtos derivados de animais como a carne, leite e ovos) procedentes de colleitas transxénicas teñen que ter na etiqueta a mención "modificado xenéticamente"; cousa que moitas e
mpresas ignoran.

Queremos nas estanterías do súper de todo, en calqueira época do año, e debemos ser conscientes de que loxicamente, isto debese a que veñen de moi lonxe e/ou están producidos creando ambientes ou seres totalmente artificiais.
Gústanos ver alimentos homoxéneos, como si a natureza os produxése nun laboratorio aséptico, sen ter en conta que naturalmente estes alimentos deberán estar á intemperie, con sol, vento, insectos, poo,… que os farían menos atractivos pero sen lugar a dubidas, máis sans.
Debemos autoeducarnos , aprender a ser críticos , averiguar como, quen e onde produxeron os produtos que consumimos e que efectos trae esta produción consigo; e logo sopesar.
Esperemos que algún dia as cousas volten ao seu lugar, deixemos de xogar a ser deuses e por riba de todo aprendámola importancia que ten preservar a natureza e os dereitos de todo ser a vivir dignamente en este planeta, ó que pertencemos.

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você