martes, 25 de noviembre de 2008

DEFORESTACIÓN, UN PROCESO SUICIDA

Un dos maiores problemas que sufre a terra, é a destrucción dos seus bosques e grandes zoas vexetais.

O principal causante de esto, é basicamente a actividade humana irresponsábel.

Ó home abusa e esgota os recursos; talando grandes masas arbóreas para a comercialización da madeira, xeralmente baixo o amparo das leis, que contemplan auténticas barrabasadas. Malia esto a tala ilegal esta en aumento.
Moitos bosques están desaparecendo para dar lugar a inmensos monocultivos, os cales, tralas primeiras colleitas quedan mortos e erosionados, pois xa nada lles protexe, suxeita, nin incorpora materia orgánica.

Estas salvaxes explotacións, son practicas habituais principalmente nos países menos desenrolados. Pero aquí, no primeiro mundo, non nos imos de rosiñas, pois nós deforestamos ca choiva aceda, que mata,e que provén da cantidade de residuos que emiten as nosas “marabillosas” fábricas, coches... Provocamos colosais incendios que arrasan con todo...

Outra causa que está comezando a provocar grandes deforestacións é que acelerou o home é o “cambio climático”. O cambiar o clima dunha determinada zoa, nun período de tempo relativamente curto, non se lles da tempo as plantas a adaptarse as novas condicións climáticas secando en poucos anos. A selva do amazonas sufriu nos últimos 10 anos as maiores sequias que se lembren.

Tamén debemos dicir que hai certas causas naturais que deforestan, tales como, incendios naturais, a expansión natural dos desertos, enfermidades e pragas.

Ata agora mais da metade da masa arbórea do planeta foi deforestada; actualmente cada día desaparece unha extensión de bosque equivalente a 36.000 campos de fútbol, uns 17 millóns de hectáreas anualmente.
A esta velocidade os bosques a finais do presente século, tan só será unha mera lembranza do pasado. E o mesmo ocurrirá con milleiros de especies vexetais e animais.

E sen árbores...¿que respiraremos? Pois os bosques actúan como os pulmóns da terra, absorbendo CO2 que transforman en Osixeno.
O 94% dos 3300 millóns de ha de bosques que todavia cobren a superficie da terra, carecen de calquera tipo de protección.
Soamente se reforestan un de cada cinco millóns de ha de bosques que cada ano se explotan de forma industrial, nos países en vías de desenrolo. Sendo cuestionable a viabilidade ecolóxica destas reforestacións, xa que se están plantando grades extensións de terreo cunha mesma especie, e non prima plantar especies autóctonas, senón que se centran na rendibilidade económica a curto prazo, ademais temos que ter en conta que as reforestacións produtoras nunca sustituirán os ecosistemas dos bosques formados naturalmente durante centos de anos.

Frear este proceso suicida pasa necesariamente por explotacións controladas, que subministren a industria madeireira, a suficiente cantidade de materia prima, obtida dunha forma legal e responsable ca natureza. Asegurando a reforestación con especies autóctonas para manter a biodiversidade dos bosques do mundo. E isto non e tarefa so dos países que talan estes bosques, senón que tan responsables son as industrias europeas e norteamericanas que mercan esta madeira talada ilegalmente.

¿Qué podemos facer nos como consumidores? Pois debemos apostar por aquelas empresas que pinten de verde con novas e razoables ideas o negro futuro que nos espera. E como non, nas nosas mans esta o duro e longo traballo de facernos oír, para que os lideres mundiais nos escoiten e creen leis nacionais e internacionais que preserven os nosos bosques, pois de non frear a deforestación acabaremos vivindo en auténticos desertos.

martes, 18 de noviembre de 2008

ALGO MÁIS QUE HISTORIA

Na época da Industrialización, o mundo divídese en dous; zoas industrializadas e zoas naturais.


Nas primeiras cidades e onde a densidade de poboación aumentou considerablemente, quedándose os métodos tradicionais de produción “inutilizados” para satisfacer as demandas de tantísima xente.


Ante isto xurdiron cinco novidades importantes: Mellora xenética, mecanización das labores, uso de fertilizantes, plagicidas sintéticos e expansión de regadíos. Con isto aumentaron a produción, e así, tamén a poboación creando un circulo vicioso, que se rompeu cando os campos esquilmados dixeron ¡vasta!, chegando a época das pestes, que volveron a equilibrar a poboación.


Mentres tanto na outra metade de mundo, a rural, os campesiños, aplicaban o que hoxe se chama produción ecolóxica. Por sorte, decatáronse de que simplemente ca apartación de materia orgánica, barbeito das terras, rotación de cultivos e aproveitando os ciclos naturais (choivas, épocas de sol, fases lunares…) a produción era modesta pero estable; podendo alimentar as súas familias e gando, intercambiar produtos e incluso encher as enormes barrigas dos terratenentes, marqueses, duques ou curas de turno, ós que tiñan que render pleitesía.


Ó mesmo tempo aproveitaban o que o monte lles proporcionaba: Castañas, leña, cogomelos e demais froitos, e outros moitísimo recursos.


En Galicia, por exemplo este foi o método tradicional de vida ata fai uns 40-50 anos.


Voltando a ollar o que pasa na outra metade do mundo, a máis “avanzada”, vemos un claro exemplo de que o home e o único animal que dá dúas veces cá mesma pedra, posto que non cambiou a súa forma de producir “actual” (abusiva, dañina e desconsiderada para co entorno) á vista dos resultados, senón que “mellorou” os seus produtos químicos. (O consumo de fertilizantes no mundo pasou de 14 millóns de toneladas en 1950 a 140 millóns de toneladas no ano 1990…). Introduxo e alterou xens modificándoos, no que logo se ía a comer (impedindo a adaptabilidade das especies autóctonas e a biodiversidade), nacendo así os transxenicos. Secaron ríos, lagos e lagoas de importancia ecolóxica vital e implantaron encoros en vales fértiles, sustituiron animais por máquinas e máquinas por herbicidas, así como paxaros e insectos beneficiosos por insecticidas…


No lugar onde os bosques milenarios perderon a batalla contra os campos de monocultivos, agora proliferan semidesertos ou zoas tan acidificadas e encarecidas que son totalmente hermas.

As desembocaduras e cauces dos ríos que foron desecados agora están ocupados por grandes e custosos edificios, pero ¡ai! cando chove e chove forte (pola loucura que lle estamos "contaxiando" ó clima), os campos desertificados xa non queren a auga, ¡será por que xa non teñen plantas ás que facer medrar!, e toda esa auga recorda cal é o seu percorrido e por uns días os cauces secos voltan a una vida frenética, destruíndo así as edificacións dos homes; recuperando o terreo que estes lle roubaron.


Con todo isto algunha xente estase a decatar de que o mellor método de obter beneficios do planeta, e , aliarse con el, e deixar de pisotealo. Estes “bechos raros” intentan mellorar os métodos ancestrais, cousa doada cá cantidade de información a que podemos acceder… Reinventando así a agricultura e gandería ecolóxica, as produción forestais compatibles co medio, as bioconstruccións…E en loita sempre contra o concepto desprestixiado e terxiversado do que é a vida no rural, o traballo, e os seus habitantes, os labregos, que foron chamados burros, analfabetos e ata porcos, por andar manchados da terra que lles da de comer; estes foron os únicos que comprenderon verdadeiramente a relación entre o home e a terra.

FAI MOITO TEMPO...

Mentres o home foi recolector e cazador non interviña de forma decisiva sobre os equilibrios autorregulados naturalmente; senón que se limitaba a aproveitar os seus froitos, desprazándose ata onde estes estiveran (nomadismo).
Polo tanto o home formaba parte dos ciclos biolóxicos da natureza, como calquera outro animal.Cando a poboación humana medra , os ecosistemas naturais deixan de proporcionar o suficiente alimento; neste momento aparecen a agricultura e a gandería, tendo que facerse sedentaria forzosamente.
Durante un longo período de tempo a maioría dos humanos viven deste xeito, da agricultura e gandería principalmente; logo tamén da guerra e dos saqueos...
Nesta época transformábanse pequenas porcións de monte en labradío, nas cales sementábanse as propias sementes autóctonas; unha vez recollidas as colleitas deixábase que a leira voltase o seu estado natural de monte, repetindo o proceso noutro lugar próximo...
Agás grandes civilizacións como os exipcios, que cultivaron e transformaron as beiras do Nilo; Mesopotamia fixo o mesmo co Eufrates e co Tigris, e tal vez algunhas culturas sudamericanas... Dándose o caso de que todas elas desapareceron, seguramente, por esgotar os seus recursos naturais.

lunes, 10 de noviembre de 2008

De onde vimos e a onde vamos.

Pensamos que o ser humano, nestos tempos que corren atópase, atopámonos, absolutamente perdidos e desorientados. Incluso os nosos desexos, ambicións, a nosa felicidade está condicionada por falsos dogmas, valores predeterminados, polos intereses duns poucos...
E isto débese a nosa ignorancia, a seguir facendo oidos xordos ó queixido afogado do planeta, da sociedade, dos nosos propios corpos...

O home viviu miles de anos sobre a face da terra, en harmonía co resto dos seres vivos, extraendo o necesario para a súa vida, e ó mesmo tempo aportando o seu grán de area a coexistencia do planeta.
Así pasaron moitos anos, pero según iamos “medrando en intelixencia”, tamén ian crecendo as nosas ansias de riqueza, de poder, de dominar e explotar ós nosos conxeneres... Fose ó precio que fose.

Así chegamos á nosa era, na que a pesar de que milleiros de persoas no mundo morren ó día (de fame ou de enfermedades cuia cura e sinxela), os poucos chamados paises desenrolados seguen esgotando egoistamente os recursos do planeta, creando máis desigualdade, causando problemas medioambientais, tan terribles, que nin os nosos antepasados poderían imaxinar nin nos seus peores pesadelos.

Pero o peor de todo isto é que faisenos creer que estamos progresando...
¿É un progreso que estemos acelerando o cambio climático? ¿E que máis da metade dos seres vivos do planeta esten en perigo de extinción?
¿É un avance, que abandonemos e menospreciemos as nosas terras, os nosos pobos, para acinarnos en cidades entre bloques de formigón?
Poderíamos facer moitas máis preguntas, pero co que levamos xa podemos afirmar, que si isto é progreso ogalla poidamos retroceder ata o punto en que o home era sinxelamente un home, e non un “deus” que move os fios do planeta cal si fose un monicreque.

Por todo isto e moito máis é necesario que xurda unha conciencia social crítica, que intente buscar alternativas menos dañinas con todo y con todos, dende as cales se poida restructurar un sistema social novo, con valores lóxicos, sans, e solidarios, moi distintos ós actuais.
E unha forma de iniciar este cambio...¿Por que non pode ser este blog?
Dende él queremos propoñer iniciativas para esta forma de vida e de ver o mundo, (producción ecolóxica, cooperativismo, autosuficiencia...)para así poder comparalas e que cada un escolla a que lle satisfaga.

 
Ás Raices - © 2007 Template feito por Templates para Você